Antemio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Procopio Antemio ou Prokopios Anthemios (c. 420 – 11 de xullo, 472) foi un emperador romano (12 de abril de 467 – 11 de xullo de 472).
Antemio, nacido en Constantinopla, era neto de cónsul, senador e Prefecto dos Pretorianos no Imperio do Leste. O seu pai tamén fora Patricio e Mestre dos Soldados do Imperio, chamado Procopius. Estivo casado con Aelia Marcia Eufenia, unica filla do Emperador do Imperio Oriental, Marciano.
Índice |
[editar] A súa Xuventude
Coma o seu pai, Antemio adicouse á vida militar. Acada o título de comes militarum e no 453 atópase reforzando as defensas das fronteiras do Rhin, que estaban desvastadas despois da morte de Atila. Volta a Constantinopla no 454, sendo nomeado Mestre de Soldados e Patricio, e estase a considerar para chegar a ser cónsul. Todos estes honores, axudado ademais polo seu matrimonio, levan a Marciano a consideralo coma un bo herdeiro para o trono do Imperio. A idea era que tras a morte de Avito, no imperio occidental, fose Antemio o elexido; pero no 457, coa morte de Avito, non se pode levar a cabo o plano, xa que Marciano morre e o elexido para o imperio Oriental é León I, que estaba baixo o control do bárbaro Aspar e era un candidato manexable. Mentres tanto, Antemio continua coma Mestre de Soldados, defende en Ilirycum dun grupo de godos baixo o mando de Valamer e no 466 loita contra os hunos, que cruzaran o Danubio ao mando de Hormidac, e evita a toma da Dalmacia.
[editar] O Acceso ao Poder
Durante anos, os vándalos estiveran atacando as costas de Italia. Pero no 467 aumentan estes ataques cara Grecia e o Peloponeso. Isto fai que o Emperador León I nomee a Antemio como emperador de Occidente aproveitando o longo interregno dende a morte de Libio Severo no 465. Dende aquela data, Ricimero gobernaba o Imperio Romano coma un auténtico emperador.
Antemio vai cara a Roma dende a Dalmacia xunto cun exército e é aclamado coma emperador cerca de Roma en Abril do 467. León I alonxaba un potencial rival e ademais poñia en Italia un exército co que atacar os vandalos. Ademais, puspuña o nomeamento de Olybrius como emperador occidental, que era o candidato de Genserico, rei dos vándalos e que tiña dereitos por matrimonio.
[editar] A súa política
Antemio atópase con moitos problemas á sua chegada. En realidade, o Imperio de Occidente reduciase a Italia, e as relacións cos pobos bárbaros era do mais importante. A situación ecónomica era moi mala e tiña que ollar e traballar con Ricimero, que estaba afeito a nomear e depoñer emperadores, coma xa fixera con Avito, Maioriano e Libio Severo. Para iso, Antemio fai casar a Ricimero coa sua unica irmá, Alypia, para unilo con lazos familiares.
Ao respecto dos bárbaros, os vándalos eran o maior problema. Xa a finais do 467 se tenta facer unha invasion do reino vándalo en África, pero o mal tempo fai deixalo para mellor ocasión. Porén, no 468, realízase unha expedición conxunta de oriente e occidente, formada por 1100 barcos e mais de 100.000 homes, e comandadas por Marcelinus polo oeste e Basiliscus polo Oriente. Esta campaña militar comeza ben, xa que parte de Sicilia é reconquistada, e pola parte de África, conquístase de novo Libia e Trípoli, vaise en dirección a Cartago por terra, enviando a flota cara o seu porto, e Genserico destrúea enviando barcos incendiados, o que fai recuar o exército e a campaña ao final é un fracaso, ademais de moi custosa. Genserico tardará en recuperarse dos danos na sua flota.
Na Galia, Antemio tenlle que facer fronte ao ambicioso rei visigodo Eurico. Antemio firmara un tratado de amizade co rei dos bretóns armoricáns Riothamus (que algúns identifican co rei Arturo da lenda) no 469. Pero estes atacan os visigodos no seu territorio e toma a cidade de Bourges. Non obstante, os visigodos opoñen un gran exército, e os romanos non lles poden enviar axuda antes de que o exército estea moi danado, polo que se ten que retirar cara o seu territorio. Dous anos despois, un exército romano chega ao Ródano, aínda que tamén é derrotado por Eurico. Este é o derradeiro intento romano de reconquistar as Galias, xa que o único territorio que lle quedaba na antiga provincia era os arredores de Marsella. Poucos contactos ten xa coma emperador cos antigos territorios. Dende Hispania, só mantén contactos coa provincia Tarraconense e cos suevos de Galicia, que envian unha embaixada a Roma.
[editar] A súa morte
A execución de Romanus, un protexido de Ricimero, abre unha fenda nas relacións entre os dous, feito que levará a Roma a unha auténtica guerra civil. As hostilidades entre os dous rachan o principio do 472. León I trata de reconcilialos, e ponse en contacto con Genserico, quen envia a Anicio Olibrio cara a Constantinopla, onde deixa a sua muller e filla, e marcha a Roma para a negociación. Pero León I envia unhas cartas a Antemio, na que lle recomenda que mate tanto a Ricimero coma a Anicio Olibrio, cartas que lle chegan a mans de Ricimero, xa que ten o porto de Ostia baixo o seu mando. A sua primeira reacción, é nomear a Anicio Olibrio coma emperador e tentar de rematar con Antemio. As hostilidades teñen lugar nas ruas de Roma, e pouco a pouco van caendo en mans de Ricimero, axudado por un maior exército, quedando Antemio pechado no distrito do Tiber e no seu Pazo Imperial. O emperador refuxiase na igrexa de San Pedro Apóstolo, pero o burgundio Gundobado penetra nela e dálle morte o 11 de Xullo do 472.
Con el morre a derradeira tentativa de reconquistar certas provincias para o seo do Imperio, ainda que non deixa de formar parte dos emperadores da sombra.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Libio Severo |
Antemio | Precede a: Anicio Olibrio |
Imperio do Occidente |