See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Maioriano - Wikipedia

Maioriano

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Maioriano en moeda de bronce.
Maioriano en moeda de bronce.

Julius Valerius Maiorianus foi un emperador romano. Naceu probablemente no outono do 420, ainda que a data certa do seu nacemento non se coñece. Non se coñecen antecedentes familiares, só que o seu tio fora conde en Sirmicun con Teodosio I, e que o seu pai se dedicaba ás finanzas, pero o seu nome énos descoñecido.

Índice

[editar] A Xuventude

Xa dende moi cativo, Maioriano estivo na vida militar, servindo baixo o mando de Aecio na Galia. Mais tarde está baixo o mando do metade suevo e metade visigodo Ricimero e o galo Aegidius, que mais tarde habianse converter en importantes bastions do Imperio.

No 454, Maioriano deixa o servizo activo, e retirase á sua casa, ao parecer obrigado pola esposa de Aecio, pero a raiz do asasinato do xeneral, o emperador Valentiniano III chámao ao seu carón para que se encargue de sulagar o profundo envexo que hai no exército por esta morte.

Ao ano seguinte, Valentiniano III é tamén asasinado, e o trono imperial queda baldeiro, ainda que con moitos candidatos. É nomeado Petronio Máximo, quen nomea a Maioriano comes domesticorum. O reinado deste emperador apenas durou dous meses, e mais tarde, foi Avito o nomeado na Galia. Inicialmente, Maioriano recoñece a apoia a Avito, xunto con Ricimero, e dedicanse a loitar contra os vándalos que estaban a atacar as costas de Córsega e Sicilia, aos que vencen.

[editar] Acceso ao Poder

Pero a chegada de Avito a Roma, e o comportamento da garda persoal, fai que a popularidade do Emperador baixe tanto, que o pobo de Roma se rebela. Esta rebelión fai que Maioriano e Ricimero se rebelen tamén e atopan o emperador no camiño de saida de Roma. Ínstano a abdicar e deixar as suas funcións, cousa que Avito acepta, xa que o seu exército abandonárao en Piazenza e Ravena.

Coa deposición de Avito, o trono estaba baleiro, e tentan que o emperador de oriente nomee un novo emperador. Non obstante, o emperador Marciano morrera, probablemente sen coñecer a sorte de Avito e é nomeado León, quen nun principio non fai nada por resolver a situación; pero Ricimero é nomeado Patricius et Magister Militum e Maioriano como Magister Militum. Porén, os alamanes atacan e invaden dende Raetia o norte de Italia, chegando deica o Lago Maior. Maioriano envia unha forza contra eles, e consegue eliminar o perigo. Á sua volta, a uns cinco quilómetros de Ravena, o exército no lugar da Pequenas Columnas, nomea a Maioriano emperador por aclamación. Ainda que o seu recoñecemento por parte de León I dende o imperio Oriental ainda tardou case tres meses en ser aceptado, xa dende finais do 456 escomenza a tomar decisións para trocar as cousas no imperio.

[editar] A súa Política

Maioriano era consciente de que só tiña o control de Italia, polo que dende un principio quixo consolidar a sua autoridade ali. O primeiro que fixo foi unha viaxe a Roma, onde recoñece o papel do Senado, entrega cartos para a reconstrución de edificios públicos destruidos e militarmente reforza as provincias do norte de Italia.

Había rexións no Imperio que estaban a esmorecer, xa que o control non era moi forte, e ademais proponse reconquistar rexións que sexan importantes para Roma e o Imperio, e onde se tiña perdido o control. Maioriano vence os vándalos na Campania, onde atacaran e dálle morte ao cuñado de Genserico. Adícase á construción e reforzamento da flota, especialmente na parte do Adriático e a defensa de Sicilia, para evitar os ataques vándalos.

Marcha a Galia, camiño de Arlés, pra chegar a un acordo con Teodorico II, rei dos visigodos e manter o tratado de amizade e colaboura entre eles. Este tratado dalle saida o mar ao Reino de Tolosa (Toulusse) e o Imperio Romano incorporaba o Val do Rodano de novo as suas posesions.

Continua a sua marcha cara a Hispania, onde os visigodos, en nome do Imperio Romano, han ido expandindo o seu territorio. Entra en Maio do 459 e chega a Caesar Augusta (Zaragoza), sendo o primeiro emperador romano en chegar a ista cidade. A sua intención de restaurar o poder romano nesta rexión, a mais rica do imperio, e utilizada coma plataforma para invadir Africa e rematar co poder dos vandalos de Genserico.Pero a flota que tiña que transportar o exercito cara a provincia de Libya estaba concentrada en Cartaxena, e mediante unha estrataxema, Genserico a destrue, co que evita a invasión proxectada.

[editar] Deposición e Morte

En Xullo de 461, Maioriano torna a Italia pasando pola Galia. Ricimero pidelle abdicar aproveitando o intre do seu baixo apoio por parte dos visigodos despois do desastre da flota imperial, que lle custara moitos guerreiros os aliados dos romanos. En Tortona, Maioriano abdica o 3 de Agosto e o 7 de Agosto, aparece morto, posiblemente do mal godo (envenenado), ainda que coma sempre na historia hai diferentes versions, dende a sua morte violenta a caron do rio Ilyra, deica a morte a sua chegada a Roma. O certo é que con él remata a derradeiro intento de restablecer un pouco o Imperio, é dende logo foi o emprendedor da derradeira gran batalla que se celebrou baixo os pendons do S.P.Q.R.

Imperio Romano

Segue a:
Avito
Maioriano
Precede a:
Libio Severo
Imperio do Occidente


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -