Andrea Palladio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andrea Palladio (30 de novembro, 1508 – 19 de agosto, 1580), foi un arquitecto véneto, amplamente considerado o máis influínte na historia da arquitectura occidental.
Palladio realizou a maioría da súa obra en Vicenza, estudou a arquitectura clásica romana, o que vai ser determinante para axeitar as súas construcións ó seu uso e o seu contorno, o gusto polos edificios civís, a valorización contrastada entre superficies pechadas e abertas mediante pórticos de columnas, dentro dunha racional simetría, vai ser a idea dominante da súa arquitectura, que é luminosa e cromática que establece unha clara relación entre paisaxe e arquitectura que se reforza pola prolongación dos eixos principais dos edificios que se introducen na natureza, conseguindo a súa unificación.