Alessandro Petacchi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alessandro Petacchi (nado o 3 de xaneiro de 1974 en La Spezia, Liguria, Italia) é un ciclista profesional en activo. Fíxose profesional en 1996, e actualmente, tras unha serie de anos no equipo Fassa Bortolo, está nas filas do Milram.
A súa especialidade son os sprints, e actualmente moitos o consideran coma o mellor sprinter en activo. Lamentablemente, no Giro de Italia 2006, tras unha caída na terceira tirada, rompeu a rótula e houbo de ser operado. Espera poder participar na Vuelta a España deste mesmo ano.
[editar] Vitorias máis destacadas
- Tour de Francia: 4 tiradas (2003).
- Giro de Italia: 19 tiradas (6 en 2003, 9 en 2004, 4 en 2005).
- Vuelta a España: 15 tiradas (1 en 2002, 5 en 2003, 4 en 2004, 5 en 2005).
- A Milán-Sanremo de 2005.
- A Volta a Valencia de 2005.
- O Trofeo Luis Puig en 2003 e 2005.