Zéro de conduite
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zéro de conduite | |
---|---|
Título orixinal | Zéro de conduite |
[[Imaxe:|200px| ]] |
|
Ficha técnica | |
Director | Jean Vigo |
Produtor | Jean Vigo |
Guión | Jean Vigo |
Intérpretes | Jean Dasté, Robert le Flon |
Música | Maurice Jaubert |
Director de Fotografía | Boris Kaufman |
Montaxe | |
Distribuidor | Gaumont |
Ano | 7 de abril de 1933 |
Duración | 41 minutos |
País | Francia |
Xénero | |
Orzamento | |
Filme anterior | |
Filme seguinte | |
Ficha en IMDb |
Zéro de conduite é unha película de 1933 dirixida polo director francés Jean Vigo. Estreada por primeira vez o 7 de abril de 1933, estivo prohibida desde entón en Francia ata o 15 de febreiro de 1946.
A película trata exhaustivamente as experiencias escolares de Vigo para retratar un sistema educativo institucional e represivo no que teñen lugar actos de rebelión surrealistas. O título refírese á calificación que o rapaz obtén e que lle impide saír o domingo. Tamén amosa a influencia da obra de teatro Ubu Roi, de Alfred Jarry.
Aínda que a película non tivo un éxito inmediato, demostrou posuír unha influencia duradeira. François Truffaut rendiu unha homenaxe a Zéro de conduite na súa película Les Quatre Cents Coups copiando, practicamente fotograma a fotograma, a escena na que unha liña de escolares que corren por París vai perdendo un a un ós seus membros debido ás atraccións da cidade. A película if...., de Lindsay Anderson, é na súa totalidade unha reinvención menos caprichosa de Zéro.