See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Yolanda Castaño - Wikipedia

Yolanda Castaño

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) é unha poeta galega que se dedica tamén ao xornalismo (como articulista) e á televisión.

Índice

[editar] Biografía

Yolanda Castaño trasladouse en 1990 á Coruña, onde rematou a carreira de Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer, na adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía menores até que, grazas ó Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995), contando 17 anos. Ademais deste galardón, foi merecedora do Premio Johán Carballeira polo seu terceiro poemario, Vivimos no ciclo das Erofanías, que tamén obtivo o Premio da Crítica Española en 1998.

Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), formou parte da equipa directiva de Letras de Cal (unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos) e codirixiu, xunto a Olga Novo, a revista de artes Valdeleite.

[editar] Actividades

Yolanda está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, coa música ou co audiovisual. Así, publicou xunto ao pintor Antón Sobral o catálogo de pintura Venecia. O Vicio da Beleza (2000). Nese mesmo ano, e baixo o título Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun CD no que cantaba versións musicadas dos seus poemas. O libro da egoísta (2003) foi número un en vendas de libro galego durante varias semanas, colleitando ademais moi boas críticas. Ao fío deste poemario, dirixiu e produciu O video da egoísta, un videopoema que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual e que resultou gañador do festival de curtametraxes do Concello de Santiago Compostela Curtocircuito 2004 na sección de videocreación. Foi guionista, directora e presentadora na TVE-Galicia de Mercuria, un programa sobre vangardas artísticas galegas que a levou a ser nominada pola Academia Galega do Audiovisual na categoría "Mellor Comunicador de TV" en 2004, galardón que obtivo finalmente en 2005.

[editar] Obra

Ten participado en volumes colectivos como o libro con CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), así como en Alguén agarda que volva alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003), no Catálogo do Primeiro Encontro de Arte e Natureza no Castelo de Soutomaior (2003), no de Camiño de Santiago. Luz e vida (2003) e en Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2004).

Tamén aparece a súa obra nas antoloxías Para saír do século. Nova proposta poética (Xerais, 1997), Mulher a facer vento (Tema, Lisboa, 1998), Río de son e vento (Xerais, 1999), dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999), Novas voces da poesía galega. Recital (Culturagalega.org, 2000), 25 anos de poesía galega 1975-2000 (La Voz de Galicia, 2002), Elas.3 (2004) ou Das sonorosas cordas (Eneida, 2005), así como nas estatais Milenio (SIAL, 1999), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (DVD, 2001) e Mujeres de carne y verso (La Esfera, 2002).

Como poeta, e tamén como crítica literaria, ten colaborado en numerosas revistas e publicacións periódicas, entre elas La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo, Quimera, Festa da Palabra Silenciada, La Flama en el Espejo, Dorna, Hablar/Falar de Poesía, Ólisbos, Clave Orión, A Xanela, Elipse, Enclave, Casa da Gramática, Boletín Galego de Literatura, Caleta, O máximO, BALDER, etc.

[editar] Publicacións individuais

[editar] Antoloxías

  • Para saír do século, Nova proposta poética (Xerais, 1997)
  • Mulher a facer vento (Tema, Lisboa, 1998)
  • Río de son e vento (Xerais, 1999)
  • dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999)

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -