Xosé Durán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé Durán (Cuntis, 1957) é un escritor e xornalista galego.
Licenciado en Ciencias Químicas, a maior parte da súa activiade profesional está vencellada aos mundos da radio e da televisión, nos que se dedicou á información deportiva e á información xeral. En 1985 comezou o seu traballo na Televisión de Galicia, onde foi director de telexornais e de programas como O semanal e Reporteiros, ademais de encargarse de diversos informativos especiais. Foi tamén xefe de deportes e redactor-xefe dos Servizos Informativos da TVG. Colaborou en varias revistas literarias.
Da súa autoría son o libro de relatos de ciencia-ficción O asasino invisible e a biografía Roberto Blanco Torres, xornalista e poeta.