See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xohana Torres - Wikipedia

Xohana Torres

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xohana Torres
Xohana Torres

Xohana Torres Fernández é unha escritora contemporánea galega.

Índice

[editar] Vida

Naceu en Santiago de Compostela en 1931. Viviu a súa infancia e mocidade en Ferrol, cidade á que se mantén afectivamente vinculada e na que foi alumna de Ricardo Carballo Calero. Foi tamén nesta cidade onde entrou en contacto co mundo do teatro e da radio. En Radio Ferrol dirixe en 1956 o seu primeiro programa destinado a mulleres, Teresa. Dende os primeiros textos editados foi unha escritora monolingüe en galego.

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con María Auz, Ánxel Leira e Xosé Luís Franco Grande. Nesta época recibe o Primeiro Premio de poesía da Asociación de Prensa de Vigo.

Filla e esposa de mariño, viaxou por mar por gran parte do mundo e dende hai moitos anos reside en Vigo, onde chegou a dirixir o primeiro espazo cultural de radio integramente en galego, Raíz e Tempo, en La Voz de Vigo, e onde se desenvolve a acción da súa única novela Adiós, María (1970).

Poeta, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.

A proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro do 2001.

[editar] Obra

O seu labor como escritora comeza en revistas como Aturuxo (1953), Vida Gallega e Vieiros (1962) e Grial (1963).

Como poeta está integrada na denominada "Xeración das Festas Minervais"; como escritora dramática no "Grupo de Enlace"; como narradora, os críticos discuten se a súa novela Adiós, María forma parte ou non da Nova Narrativa, concluíndose que con esta obra se adscribe a este movemento renovador. No ano da súa publicación gaña o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires e, co seu ensaio sobre San Andrés de Lonxe, o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña.

Ó ano seguinte, outórgaselle o Premio Pedrón de Ouro polo labor cultural en beneficio de Galicia. En 1981 recibe o Premio da Crítica española e a Xunta de Galicia entrégalle en 1992 o Premio á creación femenina.

Canto ó teatro relaciónase co grupo Teatro Estudio, para o que facían decorados os pintores Barros Pardo e Segura Torrella, escribindo dúas obras, unha das cales, Un hotel de primeira sobre o río, consegue o Premio Castelao de Teatro galego en 1966.

Deixando a un lado as etiquetaxes da crítica, a obra de Xohana Torres é dunha calidade indiscutible, calidade recoñecida co Premio da Crítica en 1980, polo poemario Estacións ao mar.

[editar] Listaxe de publicacións

[editar] Poesía

  • Do sulco (1957).
  • Estacións ao mar (1980).
  • Tempo de Ría (1992).
  • Poesía reunida (1957-2001).

[editar] Teatro

  • A outra banda do Iberr (1965).
  • Un hotel de primeira sobre o río (1968).

[editar] Novela

  • Adiós, María, (1971).

[editar] Literatura infantil

  • Polo mar van as sardiñas (1968).
  • Pericles e a balea (1984).

[editar] Ensaio

  • San Andrés de Lonxe, mitos e ritos, Premio Federico Maciñeira.

[editar] En publicacións colectivas

  • A semente aquecida da palabra.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas.

[editar] Traducións

  • O abeto valente de Jordi Cots (1966).
  • O globo de papel de Elisa Vives de Fábregas (1966).
  • Unha nova terra de Francisco Candel (1967).
  • Así foi de Rudyard Kipling, con María Dolores Martínez Torres (1992).

[editar] Influencias estilísticas

Entre os escritores citados como influencias na obra de Xohana Torres ou referidos por ela están os seguintes:

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -