See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xeración beat - Wikipedia

Xeración beat

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Allen Ginsberg, Timothy Leary e John C. Lilly: escritores da Xeración Beat
Allen Ginsberg, Timothy Leary e John C. Lilly: escritores da Xeración Beat

A expresión Beat Generation xorde durante unha conversación entre Jack Kerouac e John Clellon Holmes en 1948. A intención dos seus membros non era a de darlle un nome, senón "desnomeala". A finais de 1952 apareceu no New York Times Magazine un artigo de John Clellon Holmes titulado "This is the Beat Generation" que captou a atención do público.

O termo comezou a utilizarse de tal xeito, e sen discriminación algunha, ata o punto de que en 1959 Kerouac considerou necesario correxir publicamente o abuso desta denominación nos medios de comunicación, onde se empregaba coas connotacións de "totalmente vencido", ou fracasado, ou no sentido de "ritmo". Jack intentou amosar o sentido correcto de "beat" suxerindo a súa relación con palabras como "beatitude" e "beatífico", conexión que se explicaba porque, nos seus ideais, o movemento beat sentíase atraído pola natureza da conciencia orientada á comprensión do pensamento oriental, hacia prácticas de meditación, etc. Esta "redefinición" que Kerouac facía do termo pretendía orientar hacia imaxes simbólicas do estilo da derrota ou escuridade necesarias, precedentes á apertura á luz e a supresión do ego que conducen á iluminación relixiosa.

Como reacción e coa intención de parodiar e desprestixiar o movemento beat, en 1958 apareceu o termo "beatnik", produto da fusión das palabras "beat" e "Sputnik", o primeiro satélite en alcanzar o espazo exterior ese mesmo ano, de fabricación rusa, suxerindo unha condición antiamericana (antiestadounidense) e comunista do movemento beat.

Allen Ginsberg, un dos seus integrantes máis famosos, observaba no prólogo do libro "The Beat Book", editado por Anne Waldman e Andrew Schelling, outro posible significado: "acabado", "completo", na noite escura da alma ou na nube do non saber. E mesmo "aberto", no sentido whitmaniano de "apertura á humildade". Pero, independentemente do significado que se lle queira dar, o uso de "Beat generation" pasou a designar un movemento literario formado por un grupo de amigos que desde mediados dos anos cuarenta traballaran xuntos escribindo poesía e prosa, e que compartían unha idea de cultura e aficións ou fontes de inspiración similares, como a música jazz.

O grupo inicial estaba formado por Jack Kerouac, Neal Cassady, William Burroughs, Herbert Huncke, John Clellon Holmes e Allen Ginsberg. En 1948 uníronse Carl Salomon e Philip Lamantia; en 1950 Gregory Corso, e en 1954 Lawrence Ferlinghetti e Peter Orlovsky.

Este grupo, que acabou denominándose Xeración Beat, revitalizou a escena bohemia cultural norteamericana. A súa enerxía desbordouse hacia os movementos xuveniles daquela época (On the Road, a novela que Kerouac publicou en 1957, asumiu o carácter de manifesto universal dunha mocidade que quería fuxir do establecido), e foi absorbida pola cultura de masas e pola clase media hacia finais dos anos cincuenta e principios dos sesenta.

Os seus ideais avogan por unha arte como manifestación das texturas da conciencia. O seu canto á liberación espiritual derivou hacia unha liberación sexual, particularmente homosexual, que fixo de catalizador nos movementos de liberación da muller e dos negros. Levados por elementos como unha visión tolerante e non-teísta, o antifascismo cósmico, ou o eclecticismo, interesáronse polas sustancias psicodélicas como ferramentas de coñecemento.

Centraron a súa loita en contra dos valores tradicionalistas e puritanos de Estados Unidos, contra o "American Way of life", un repudio implícito ós valores comerciais, propoñendo para reemplazalo os ideais expostos por Whitman en "Leaves of Grass".

Os involuntarios membros fundadores do movemento rexeitaron abertamente a masificación e frivolización na que acabaron os beatniks. O cine especialmente, contribuíu a pór de moda unha suposta "estética beat" falsa, na que tódolos mozos bohemios vestían de negro, lucían barbas e perillas, levaban boina e pasaban o tempo en vellos cafés lendo poesía, fumando e tocando os bongós.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -