Xende, A Lama
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Paulo de Xende | |||
---|---|---|---|
igrexa parroquial | |||
Concello: | A Lama | ||
Poboación: | 118 hab. | ||
Superficie: | n/d | ||
Densidade: | n/d | ||
Altitude: | n/d | ||
Entidade(s): | 7 |
San Paulo de Xende é unha parroquia do concello pontevedrés da Lama, no arcipestrazgo de Oitavén e diócese de Tui-Vigo.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 118 habitantes (65 mulleres e 53 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 120 habitantes.
[editar] Xeografía
Dista 3,5 Km da capital municipal, coa que se comunica por unha estrada comarcal. Xende delimita coas parroquias de Antas ó norte, Gaxate e Verducido ó sur, A Xesta ó leste e A Lama e Gaxate ó oeste.
As zonas da parroquia son Aldea, A Baralla, Carreiras, Catadoiro, A Igrexa, Paradela e Veiga do Muiño.
[editar] Orografía
O rio Xesta, o regato das Fontiñas e os montes Alto das Fontiñas (672 m.), Couto do Carro (649 m.) e Casavella (725 m.) son os seus principais accidentes xeográficos.
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Lama | |
---|---|
Antas (Santiago) | A Barcia do Seixo (Santa Ana) | Covelo (San Sebastián) | Escuadra (San Lourenzo) | Gaxate (San Pedro) | A Lama (San Salvador) | Seixido (San Bartolomeu) | Verducido (San Martiño) | Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu) |