W.E.B. Du Bois
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
William Edward Burghardt Du Bois (23 de febreiro de 1868 – 27 de agosto de 1963), ás veces chamado Web Dubois era un afro-americano de orixe haitiano que loitou polo recoñecemento dos dereitos cívicos dos negros nos Estados Unidos. Foi tamén editor e poeta. Pertenceu á franc-masonería. Nacionalizouse ghanés en 1963.
Foi laureado con Premio internacional da paz (outorgado polo Consello mundial da paz) en 1952 e con o Premio Lenin da paz en 1959.
[editar] Mocedade
Du Bois naceu en Great Barrington (Massachusetts), E.U.A, de Alfred e Mary Dubois. Estudou na Fisk University de Nashville, (Tennessee), E.U.A., logo en Harvard a partir de 1888. Foi o primeiro negro norteamericano graduado cun doutorado en Filosofía por Harvard en 1895.
[editar] Madurez
Despois dos seus estudos en Harvard e en Berlín, publcou unha das primeiras obras sociolóxicas americanas: The Philadelphia Negro (O negro de Filadelfia). Ensina na Universidade de Atlanta e publica en 1903 un ensaio titulado « The Souls of Black Folk ». Foi tamén autor de varias novelas, das que destaca The Dark Princess (A Princesa Negra).
En 1909, participou na creación da NAACP, e dirixe o seu xornal, The Crisis.
A partir dos anos 1940, mostra unha simpatía crecente polas teses comunistas. En 1961, con 93 ans, afilíase oficialmente ao Partido comunista dos USA.
Emigra a Ghana, da que recibe a nacionalidade, e onde falece en 1963.