Viterbo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Viterbo é unha cidade de 60.459 habitantes, capital da provincia homónima, situada na rexión do Lazio, en Italia. Coñecida en todo o mundo como a "cidade dos Papas", está situada no centro da provincia, rodeada dos montes Cimini e perto dos lagos de Vico e Bolsena.
Hai unha clara diferencia urbanística entre o centro histórico da cidade, cunha estrutura típica medieval, e a periferia caracterizada por edificios máis modernos.
Fóra do centro de Viterbo están as coñecidas Termas dos Papas e a fonte termal de Bullicame, citada por Dante Alighieri no seu XVI Canto do Inferno, que alimenta a grande piscina das Termas dos Papas e varias pozas. Perto da cidade encóntrase a necrópole etrusca de Castel d'Asso e só a nove quilómetros as ruínas de Ferento.