Unitat del Poble Valencià
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unitat del Poble Valencià (UPV) é un partido nacionalista valenciano de esquerdas xurdido en 1982 como como unha coalición entre o Partit Nacionalista del País Valencià e o Agrupament d'Esquerra del País Valencià (AEPV) e que se acabará convertendo en 1984 nun partido político.
Nas eleccións autonómicas de 1987 presentouse en coalición con Esquerra Unida del País Valencià, conseguindo dou escanos nas Corts Valencianes, Pere Mayor e Antoni Ferrando. Ó pouco tempo esfarela o pacto e os dous deputados pasan ó grupo mixto. Xa o proceso para chegar a un pacto coa Izquierda Unida local supuxera supuxo unha crise interna, que levou ó grupo disidente a formar o Partit Valencià Nacionalista. Cando os deputados nacionalistas pasaron ó grupo mixto, outro sector escindiuse e algúns militantes pasaron a EUPV. Nas eleccións autonómicas de 1991 presentouse en solitario e co 3.7% dos votos non conseguiu escano.
A crise electoral e o cambio no mapa electoral valenciano, agora dominado polo Partido Popular fai que a UPV mude a súa estratexia, en 1995 formou a candidatura UPV-Bloc xunto ó PVN e en 1998 a UPV vai propugar a creación dun Bloc Nacionalista Valencià que agrupase ó nacionalismo valenciano. Nas eleccións autonómicas de 1999 o Bloc co 4.6% dos votos queda ás portas de entrar nas Corts.