Tolosa - Toulouse
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tolosa (en occitano Tolosa, pronunciado [tu'luːzɔ]; en francés Toulouse), tamén coñecida como Tolosa de Linguadoc, é unha cidade occitana (no sudoeste de Francia), capital do departamento de Alta Garona, capital histórica de Languedoc e da rexión do Mediodía-Pireneos. No 2007 tiña unha poboación de 443.103 habitantes (chamados tolosanos), dentro dunha superfície municipal de 118,3 km2. A área metropolitana, no mesmo ano, atinxía 1.106.214 habitantes. A súa aglomeración urbana, pola süa poboación, é a segunda cidade da Occitània, detrás de Marsella (e o cuarto municipio de Francia, logo de París, Marsella e Lyon), e máis a 41º aglomeración urbana da Unión Europea.
Atravesada polo Garona, a medio camiño entre o Océano Atlántico e o Mar Mediterráneo, é chamada a Cidade Rosa, pola cor que domina nos edificios antigos, feitos de ladrillo. É a capital da industria aeroespacial europea, xa que radican aquí os despachos e fábricas centrais da compañía Airbus.