Tintín e o lago dos tiburóns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tintín e o lago dos tiburóns (Tintin et le Lac aux Requins) é unha película de debuxos animados de Tintín, dirixida por Raymond Leblanc en 1972. A película non foi escrita nin debuxada por Hergé, creador do personaxe, senón polo historietista belga Michel Regnier, máis coñecido polo seu pseudónimo de Greg. Jacques Careuil o encargado de darlle a voz ao protagonista no idioma orixinal.
Tras a estrea do filme realizouse unha adaptación á banda deseñada, usando como viñetas fotogramas da película, e engadindo globos de diálogo procedentes do guión.
[editar] Sinopsis
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
En Syldavia, cerca do lago Flechizoft, está o profesor Tornasol, que invitou a Tintín e ao Capitán Haddock a pasar unhas vacacións. O avión no que viaxan Tintín e Haddock sofre un accidente en estrañas circunstancias. Tras ser salvados por dous pequenos syldavos, finalmente chegan a casa do profesor, quen lles mostra o seu último traballo: unha máquina capaz de reproducir todos os obxectos en tres dimensións. As infinitas posibilidades que ofrece tal descubrimento suscitan perigosas cobizas, en particular do odioso Rastapopoulos, disposto a todo para apropiarse do xenial invento.