Theodor von Reding
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Theodor von Reding von Biberegg (3 de xullo de 1755 en Schwyz, Suíza - 23. April 1809 en Tarragona) foi un militar e xeneral suizo, que participou na Guerra da Independencia ao servizo do exército español. Era irmán do político suízo Alois von Reding.
No 22 de outubro de 1772 ingresou, con só 16 anos, no exercito español.
Sob o xeneral Castas xogou un decisivo papel en xullo de 1808 como tenente xeneral na batalla de Bailén. Rompeu á cabeza do Rexemento suízo o ito da invencibilidade dos exércitos franceses napoleónicos.
Foi enviado logo a Cataluña como Gobernador de Tarragona e Capitán xeneral do Principado. Combatiría contra as tropas napoleónicas do xeneral Saint-Cyr.
Ambos xenerais enfrontaríanse durante o Sitio de Rosas desde o 6 novembro até o 5 de decembro de 1808; na batalla de Llinars o 16 e na batalla de Molins de Rei o 21 de decembro de 1808. Durante a batalla de Valls, o 25 de febreiro de 1809, Theodor von Reding recibíu un sabrazo o seu brazo esquerdo, retirándose con o resto das súas tropas para Tarragona. Saint-Cyr iniciou un asedio sobre a cidade, chegando a oferecer a Reding o inicio de conversas con vistas a unha capitulación, mais este refusou.
entres Theodor von Reding elaboraba novos planos para organizar as súas tropas, caeu enfermo de febres en marzo de 1809. O 23 de abril de 1809 faleceu a consecuencias desas febres provocadas na batalla.
Foi enterrado na catedral de Tarragona, sendo exhumados os seus restos e trasladados para un novo cemiterio.
[editar] Recoñecementos
Este artigo é unha versión do correspondente da Wikipedia en alemán.