The White Stripes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The White Stripes | |
---|---|
Jack e Meg White{{{caption}}} |
|
Información | |
Orixe | Detroit |
País | Estados Unidos |
Período | 1997-actualidade |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Sympathy For The Record Industry V2/BMG |
Membros | Jack White Meg White |
Antigos membros | |
Web oficial | http://www.whitestripes.com |
The White Stripes é un duo procedente de Detroit, formado en 1997 por Jack White (guitarra, piano e voz) e Meg White (batería).
Índice |
[editar] Biografía
A historia da banda comezou no estado de Michigan, concretamente en Detroit, cidade natal de John Anthony Gillis e Megan Martha White. A banda creou as personaxes de Jack White e Meg White, únicos membros de The White Stripes, vocalista/guitarrista e baterista respectivamente.
The White Stripes naceu en 1997 e nese mesmo ano lanzaron un EP chamado Let's Shake Hands, através da Italy Records. No ano seguinte fixeron un novo lanzamento pola Italy, o sinxelo "Lafayette Blues", antes de que a banda se mudase para a Sympathy For The Record Industry.
Polo novo selo debutaron co sinxelo "The Big Three Killed My Baby" e co primeiro LP en 1999, The White Stripes. En xiras ao lado de nomes como Pavement e Sleater-Kinney, a banda comezou a construír a súa reputación.
No ano 2000 dous sinxelos precederon o lanzamento do segundo álbum: "Hello Operator" e "Lord, Send Me An Angel". O novo disco, De Stijl, foi lanzado en xuño de 2000, traendo un conxunto de cancións sinxelas e cheas de referencias á música popular estadounidense, incluíndo unha versión de "Your Southern Can Is Mine", de Blind Willie McTell. O título do álbum ("o estilo", en holandés), é unha referencia ao movemento artístico liderado polo arquiteto Gerrit Rietveld.
Foi con ese disco co cal a banda gañou a Europa. John Peel chegou a colocalos á mesma altura de Jimi Hendrix e Sex Pistols. Jack e Meg pasaron tamén por Xapón e Australia. Aínda en 2000, participaron do tradicional Singles Club da Sub Pop e lanzaron un split con The Dirtbombs.
En 2001 a banda aproveitou o seu bo momento para facer moitos concertos e, nos intervalos, lanzar EPs, sempre fieis ao vinilo. Jack White sacou tempo para manterse en contato coa escena de Detroit, onde produxu algunhas bandas noveis. Nos concertos, o seu estilo que fluía entre o blues, o country e o punk, e a súa habilidade na guitarra, fan que a falta de outro guitarrista e de baixista nen sexan notadas polo público.
White Blood Cells, o terceiro traballo, foi lanzado nese ano, catapultando á banda definitivamente ao estrelato, co apoio case incondicional dos medios (outro factor bastante relevante na argumentación dos detractores da banda). No ano seguinte a banda continuou facendo concertos e lanzando sinxelos do seu último disco.
En 2003, a banda preparou o lanzamento dun novo álbum, o primeiro en ser lanzado pola V2/BMG (que contratou á banda en xaneiro de 2002, e relanzou os seus tres primeiros discos en xuño dese ano). As sesións de gravación do disco aconteceron nos Toe Rag Studios, en Londres, coa banda utilizando só equipo analóxico.
Elephant lanzouse no mes de abril, anticipándose á data prevista debido a filtracións en Internet das súas cancións. O cuarto álbum de The White Stripes foi ben recibido, talvez non co mesmo entusiasmo do seu antecesor, pero mantén o nivel. Unha versión de Burt Bacharach, "I Just Don't Know What To Do With Myself", gaña un videoclip dirixido por Sofia Coppola, e na canción que pecha o disco, "It's True That We Love One Another", Meg e Jack cantan coa vocalista Miss Holly Golightly, pouco coñecida entre o público, pero bastante admirada por xente como Mark Arm (líder de Mudhoney), por citar un exemplo.
2003 marcou tamén o inicio da incursión de Jack White no cine, participando nas películas Cold Mountain de Anthony Minghella e de Coffee & Cigarettes de Jim Jarmusch, ao lado de Meg White. En xullo, un accidente de coche baixou a Jack dos escenarios durante dous meses.
En 2004, a banda pasa boa parte do tempo facendo concertos e despois entra no estudio para gravar seu quinto álbum.
No ano seguinte é lanzado o sucesor de Elephant, chamado Get Behind Me Satan. O disco sorprende pola variedade de instrumentos utilizados pola banda, coa guitarra de Jack White menos presente.
[editar] Membros
- Jack White: guitarra e voz.
- Meg White: batería.
[editar] Discografía
- The White Stripes - 1999 (Sympathy For The Record Industry)
- De Stijl - 2000 (Sympathy For The Record Industry)
- White Blood Cells - 2001 (Sympathy For The Record Industry)
- Elephant - 2003 (V2 Records)
- Get Behind Me Satan - 2005 (V2 Records)
- Icky Thump - 2007 (Warner)
[editar] Ligazóns externas
- White Stripes Greek Fansite, Lyrics, Photos, Forum, Videos and more...