The Graduate
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Graduate é unha película de 1967 baseada na novela do mesmo nome de Charles Webb. Gañou un Oscar ó mellor director, Mike Nichols, e obtivo seis nominacións.
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
Benjamin (Dustin Hoffman) acaba de graduarse da universidade e volve a casa a pasar unhas vacacións. O matrimonio Robinson, amigos dos seus pais de fai anos, interésase por el. O marido quere que salga coa súa filla Elaine (Katherine Ross), mentres que a súa esposa, a señora Robinson (Anne Bancroft) desexa ter relacións sexuais con el.
Logo de atoparse varias veces coa señora Robinson, quen lle prohibe ver á súa filla, Benjamin namórase de Elaine. Cando todo sae á luz, Benjamin atópase só e abandonado. Aínda así, loita para ver a Elaine e expresarlle os seus sentimentos.
[editar] Outros datos
A banda sonora desta película está composta por cancións do dúo Simon and Garfunkel e foron compostas por Paul Simon. A maioría das cancións xa foran publicadas anteriormente, agás o éxito "Mrs. Robinson" que foi escrito para a película.