Tesis (película)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tesis é a primeira película de Alejandro Amenábar, protagonizada por Ana Torrent, Fele Martínez e Eduardo Noriega.
Cun notable éxito de crítica e público, a película marcou o inicio dun dos máis exitosos directores do cine español. Obtivo varios premios, entre eles o Premio Goya á mellor película, mellor guión orixinal e mellor director novel.
Índice |
[editar] Reparto
- Ana Torrent (Ángela Márquez)
- Fele Martínez (Chema)
- Eduardo Noriega (Bosco Herranz)
- Xabier Elorriaga (Jorge Castro)
- Miguel Picazo (Figueroa)
- Nieves Herranz (Sena Márquez)
- Rosa Campillo (Yolanda)
- Francisco Hernández (Pai de Ángela)
- Rosa Ávila (Madre de Ángela)
- Teresa Castanedo (Presentadora TV)
- José Miguel Caballero (Conserxe Videoteca)
- Joserra Cadiñanos (Vixiante)
- Julio Vélez (Encargado Tren)
- Pilar Ortega (Encargada C. Ventas)
- Olga Margallo (Vanessa)
- José Luis Cuerda (Profesor 1º)
- Emiliano Otegui (Profesor 2º)
- Walter Prieto (Vixiante Tren)
- Florentino Sainz (Ancián)
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
Ángela (Ana Torrent) é unha estudante de imaxe que prepara a súa tese sobre a violencia audiovisual, cara á que non pode evitar sentir certa atracción. A partir de aí, chegará a descubrir o mundo das snuff movies e ata a involucrarse nel máis do que ela desexara.
[editar] Premios
[editar] Goyas 2001
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Gañadora | |
Mellor dirección novel | Alejandro Amenábar | Gañador |
Mellor actriz | Ana Torrent | Candidata |
Mellor actor revelación | Fele Martínez | Gañador |
Mellor guión orixinal | Alejandro Amenábar | Gañador |
Mellor dirección de produción | Carlos Bernases | Gañador |
Mellor montaxe | Mª Elena Sainz de Rozas | Gañadora |
Mellor son | Daniel Goldstein, Ricardo Steinberg, Afonso Pino | Gañadores |
[editar] Curiosidades
- Está rodada, en parte, na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid na que estudou Amenábar. A rodaxe tivo que facerse no mes de agosto, cando estas instalacións quedaban baleiras.
- Nunha escena da película, na base de datos dos compradores da cámara xt-500 aparece o nome de Alejandro Amenábar.