See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Territorio do Norte - Wikipedia

Territorio do Norte

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Territorio do Norte (Northern Territory) é un territorio federal de Australia. A capital é Darwin. Outra cidade importante é Alice Springs, a 1.500 km no interior do deserto. Os residentes do Territorio do norte son coñecidos simplemente como Territorians.

Territorio Norte
Northern Territory

Bandeira do Territorio do Norte

Escudo do Territorio do Norte

Bandeira do estado

Escudo de armas

Localización do Territorio do Norte

Capital

Darwin

Administrador

Ted Egan

Primeiro Ministro

Clare Martin

Área
Terra
Auga
Total


1.349.129 km²
71,839 km² (5.06%) km²
1,420,970 km² (3rd) km²

Poboación
(Xuño 2007)
Densidade

215,000 (8th)

0.16/km² (8th)

Zona horaria

UTC 9:30

Punto máis alto

Mount Zeil +1,531 m

ISO 3166-2 código:

AU-NT

Índice

[editar] Historia

Houbo catro intentos de establecer un asentamento na costa norte australiana. Deles, tres foron infrutuosos debido ás difíciles condicións da rexión. O Territorio do Norte formou parte de Nova Gales do Sur desde 1825 ata 1863, pasando a formar parte de Australia Meridional ata 1911. O 1 de xaneiro dese ano, o Territorio do Norte foi separado de Australia Meridional e transferido ao control da Mancomunidade de Australia.

Desde 1926 ata 1931, o Territorio do Norte dividiuse en dúas provincias, Australia Setentrional e Australia Central, sendo o paralelo 20 a fronteira.

Durante a Segunda Guerra Mundial, a maior parte da zona norte do territorio (o Top End) estivo baixo mando militar, o único na historia de Australia desde a súa independencia. Ao acabar a contenda devolveuse a soberanía á Mancomunidade. A primeira Asemblea Lexislativa foi creada en 1978.

O Territorio do Norte foi, durante un tempo breve, un dos poucos lugares do mundo onde se permitía a eutanasia voluntaria, ata que o parlamento federal australiano derrogou a lexislación.

[editar] Política

A Asemblea Lexislativa do Territorio do Norte ten as mesmas competencias que os gobernos dos demais estados australianos. Esta atribución de poderes non se fai a través dunha Constitución senón a partir dunha delegación expresa do goberno federal.

En 1998 realizouse un referendo errado co fin de determinar a constitución do territorio como estado. O voto negativo no referendo foi inesperado, tanto para o goberno territorial como o federal, posto que as enquisas mostraban un gran apoio por parte dos habitantes do territorio para constituírse en estado. Con todo, era potestade do goberno federal decidir os termos nos que un territorio constituíase en estado. Os termos ofrecidos ao Territorio do Norte propuñan que este tivese tres senadores (cifra moi diferente aos doce de que dispuñan os estados orixinais) debido á diferenza de poboación do territorio respecto dos estados existentes. Tamén se citou o enfoque, cualificado de arrogante, do ministro principal do territorio, Shane Stone, que propuxera unha constitución sancionada por unha Asemblea Constituínte non elixida. Deste xeito, os habitantes do territorio rexeitaron constituírse en estado nos termos ofrecidos.

Actualmente, a primeira ministra é Clare Martin do Partido Laborista Australiano, tras imporse nas eleccións de Agosto de 2001. O partido opositor é o Partido Liberal, con Denis Burke á cabeza.

Os electores poden votar a dous representantes para o Parlamento de Australia e a dous no Senado.

[editar] Os aboríxes australianos

Máis dunha cuarta parte do poboación do Territorio do Norte está constituída por aboríxes australianos, o que constitúe unha poboación maior que en ningún outro estado ou territorio de Australia. Con todo, a esperanza de vida dos aboríxes australianos é menor que a dos europeos do Territorio. Esta estatística é similar á do resto de Australia e unha causa de vergoña para moitos australianos.

Existen comunidades aboríxes en moitas partes do territorio. As maiores son as dos indíxenas pitjantjatjara preto de Uluru, arrernte preto de Alice Springs, luritja entre as dous anteriores, warlpiri máis ao norte e yolngu na parte oriental de Arnhem Land.

[editar] Dereitos de propiedade da terra

A Lei dos Dereitos de Propiedade da Terra Aboríxes de 1976 (Aboriginal Land Rights (Northern Territory) Act 1976) estableceu os fundamentos para que os aboríxes do Territorio puidesen, por primeira vez na historia da Australia posterior á súa colonización polos europeos, reclamar dereitos de propiedade sobre o territorio baseados na súa ocupación tradicional. Esta lei permitiu que os títulos de propiedade da maioría das terras das reservas aboríxes fosen transferidas a estes, así como a oportunidade de reclamar a propiedade comunitaria sobre outros terreos que non fosen posuídos, arrendados ou sendo usados por ninguén máis.

Os Consellos da Terra (Land Councils) son os órganos representativos aos que a lei confire autoridade legal. Tamén asumen responsabilidades tal como establece a Lei dos Títulos de Propiedade Nativos de 1993 (Native Title Act 1993) e a Lei das Terras de Pastos de 1992 (Pastoral Land Act 1992). No Territorio existen en catro Consellos:

  • O Consello da Terra Anindilyakawa abarcando Groote Eylandt no Golfo de Carpentaria.
  • O Consello da Terra Central atópase na metade sur do Territorio. Cobre 771.747 km2; de áreas remotas, accidentadas e a miúdo inaccessible. Existen uns 18.000 aboríxes duns quince grupos lingüísticos diferentes en Australia Central.
  • O Consello da Terra Setentrional abarcando o Top End.
  • O Consello da Terra Tiwi abarcando as illas Bathurst e Melville ao norte de Darwin.

[editar] Xeografía

A maior parte da poboación atópase concentrada ao redor da autoestrada Stuart, que une a Darwin co sur de Australia. O resto da poboación habita en pequenos asentamentos dispersos por todo o territorio.

No Territorio do Norte atópanse as formacións rochosas Uluru (Ayers Rock) e Kata Tjuta (The Olgas), lugares sacros para os aboríxes e importantes atraccións turísticas, situadas dentro do parque nacional Uluru-Kata Tjuta.

O parque nacional Kakadu, que se atopa na zona norte do territorio, está composto por unha serie de pantanos.

Ríos:

  • Aligátor
  • Daly
  • Finke
  • McArthur
  • Roper
  • Todd
  • Vitoria, de 560 km de lonxitude. Desemboca no Golfo José Bonaparte, no Mar de Timor.

[editar] Demografía

A poboación do Territorio do Norte só forma o 1% do total da poboación australiana. Ademais destaca a importante porcentaxe de aboríxes australianos. A taxa de consumo de alcol é das máis altas do mundo, establecíéndose en 1.120 consumos por persoa e ano.

[editar] Economía

Baséase principalmente en industrias primarias de extracción de materias primas. tamén é importante o turismo.

As principais extraccións mineiras son:

[editar] Referencias

  • Hill, Ernestine. 1951. O Territorio: A clásica saga do afastado norte australiano. Angus e Robertson. Reprint: 1995. ISBN 0-207-18821-1


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -