Territorio da Capital Australiana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Jon Stanhope (ALP) |
|||||
Área |
|||||
Poboación |
339,900 (7th) |
||||
UTC+10 (agás durante daylight saving timeUTC+11) |
|||||
Punto máis alto |
Bimberi Peak (1,912 m) |
||||
ISO 3166-2 código: |
AU-CT |
O Territorio da Capital Australiana (TAC) é un distrito federal de Australia. Comprende un enclave sen saída ao mar no estado de Nova Gales do Sur, a 320 km ao suroeste de Sydney. O goberno australiano adquiriuno formalmente o 1 de xaneiro de 1911; o Territorio ten unha superficie de 2.432 km². A súa única cidade, Canberra, é a capital nacional e a sede do goberno federal australiano.
O Territorio Federal da Capital ten unha poboación (segundo o censo de 2007) superior aos 339.900 habitantes. Unha gran parte da poboación de Canberra compona funcionarios públicos. O 11 de maio de 1989 o Territorio obtivo o autogoberno; dous membros e dous senadores represéntano na Cámara de Representantes federal.
Á rexión que hoxe ocupa o Territorio chegaron por primeira vez os europeos en 1820, pero miles de anos antes xa fora habitada polos nativos aboríxes. En 1824 comezou o asentamento europeo.