Teresa Añón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teresa Añón, natural de Santiago de Compostela, é unha pintora e escultora galega. Na súa obra hai raíces expresionistas, xunto con visións persoais. A súa escultura en gres ou bronce presenta figuras idealizadas con lembranzas do gótico, e contrastes de luz e sombra. Na súa pintura e escultura os seres humanos son os protagonistas, destacando faces e presenza de mulleres.