Tel Hai - תל חי
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tel Jai, en hebreo תל חי, Outeiro da Vida) é un antigo asentamento fortificado xudeu en Israel, situado na Alta Galilea, preto da fronteira libanesa, entre as cidades de Kiryat Shemona e Metulla.
Índice |
[editar] Fundación
Foi un dos primeiros asentamientos xudeus na zona septentrional de Palestina en época moderna, erixido en 1905, e poboado intermitentemente ata 1918, en que foi ocupado coma posto fronteirizo e de control do val de Xule.
[editar] Tratado Sykes-Picot
Trala Primeira Guerra Mundial e a caída do Imperio Otomano, o Reino Unido e Francia delimitaron no tratado Sykes-Picot as zonas otomanas ocupadas por ámbalas potencias, asignando a zona meridional do levante mediterráneo ao Reino Unido (Palestina e Xordania) xunta con Iraq, e a zona septentrional (Siria e Líbano) a Francia.
[editar] Perda
Con todo, a delimitación non foi aceptada polos franceses en canto a zona da Alta Galilea (que incluía Tel Hai, Metulla, Kfar Giladi e Hamrah), polo que espolearon a comandos árabes para ocupar tódalas áreas que puidesen antes da aplicación definitiva do tratado, para así integralas no mandato francés. En marzo de 1920, os comandos árabes topáronse cunha forte resistencia por parte dos defensores xudeus, liderados por Joseph Trumpeldor, o cal defendeu Tel Hai, caendo finalmente xunta aos seus últimos sete homes na súa defensa. Con todo, o seu sacrificio conseguiu retardar o avance árabe, acabando así coas aspiracións francesas sobre a Alta Galilea.
[editar] Recuperación
Reocupado en 1921, Tel Jai acabou integrado dentro do kibutz Kfar Giladi no ano 1926; na actualidade este antigo asentamento está declarado monumento nacional de Israel.
[editar] Patrimonio
Destaca a estatua dun león de pedra xunto ás tumbas dos heroes. Nas súas proximidades se ubica a actual cidade de Kiryat Shemona, que co seu nome (Cidade dos Oito) rende homenaxe aos defensores de Tel Jai.