Tarawa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tarawa é un atol no Océano Pacífico central que foi a capital da antiga colonia bitánica das Illas Gilbert e Ellice. Tarawa Sur, a parte do sur do atol, salvo Betio, é agora a illa capital da República de Kiribati. A illa é famosa por acoller a batalla de Tarawa durante a Segunda Guerra Mundial.
Índice |
[editar] Xeografía
Tarawa está formada por un mínimo de 24 illotes, dos cales 8 están habitadas. A cidade máis grande (Bikenibeu), o aeroporto internacional de Tarawa e o aeroporto de Bonriki atópanse en en o Tarawa Sur (Bairiki).
[editar] Illotes
- Abanuea (mergullado desde 1999 por cambio de correntes oceánicas e aumento do nivel do mar)
- Abaokoro
- Abatao
- Bairiki (Tarawa Sur)
- Betio
- Bikeman (mergullado por cambio de correntes oceánicas)
- Biketawa
- Bonriki
- Buariki
- Buota
- Kainaba
- Marenanuka
- Na'a
- Nabeina
- Notoua
- Nuatabu
- Tabiang
- Tabiteuea
- Tabonibara
- Taratai
- Tearinibai
- Tebua Tarawa (mergullado desde 1999 por cambio de correntes oceánicas e aumento do nivel do mar)
- Temaiku
- ...
[editar] Pobos e aldeas
Abatao - Bairiki (Tarawa Sur) - Bikenibeu - Bonriki - Buariki - Buota - Eita - Marenanuka - Taborio - Teaoraereke
[editar] Administración
Este atol ten tres subdivisiones administrativas:
- Teinainano Urban Council (ou TUC, en inglés), de Bairiki a Bonriki, e coñecido en inglés como South Tarawa, é a capital da república;
- Betio Town Council (ou BTC), no illote de Betio;
- North Tarawa ou Tarawa Ieta (todos os illotes de pártea norte).
O principal centro administrativo da República de Kiribati atópase na illa de Bairiki, un dos illotes no sur de Tarawa. Pero o Parlamento atópase situado no illote de Amboy parte da administración está en Betio ou en Bikenibeu e ata unha en Kiritimati.
[editar] Historia
Durante a Segunda Guerra Mundial Tarawa foi ocupada polas tropas xaponesas e o 20 de novembro de 1943 comezou unha sanguenta batalla (a batalla de Tarawa) cando as tropas americanas tomaron terra nos atois de Tarawa e Makin baixo forte fogo xaponés.
Esta illa tamén foí tomada como base dun xogo de vídeo "Medal of Honra: Pacific Assault"
[editar] Economía
No illote de Betio atópase o principal porto a través do cal expórtase a copra e as perlas que son as principais exportacións da illa.
[editar] Demografía
A poboación en 1990 era de 28.802 persoas. A poboación é principalmente de orixe micronesio.
O libro The Sex Lives of Cannibals por J. Maarten Troost é unha narración cómica dos dous anos que pasou o autor na illa de Tarawa.