Tapas (película)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tapas é unha película española do ano 2005. Foi o debut cinematográfico como directores de José Corbacho e Juan Cruz (tamén guionistas do filme), que acadou unha boa aceptación e críticas e lles valeu ó Premio Goya ó mellor director novel.
Elvira Mínguez, unha das protagonistas, obtivo varios recoñecementos polo seu traballo nesta película, entre eles o Premio Goya á mellor actriz de reparto, o Premio á mellor interpretación feminina no Festival de Málaga e o galardón da Unión de Actores na mesma categoría.
A súa banda sonora inclúe temas de Antonio Orozco e Estopa entre outros.
[editar] Argumento
Ambientada en Barcelona, Tapas conta a historia dos distintos personaxes dun barrio humilde, xente de distintas idades e profesións co bar do protagonista, Lolo (Ángel de Andrés), como punto de encontro.
[editar] Reparto
- Ángel de Andrés López (Lolo)
- Anna Barrachina (Águeda)
- Alberto de Mendoza (Don Mariano)
- María Galiana (Doña Conchi)
- Elvira Mínguez (Raquel)
- Amparo Moreno (Rosalía)
- Rubén Ochandiano (César)
- Rosario Pardo (Carmela)
- Darío Paso (Opo)
- Ferran Adrià (El mesmo)
- Alberto Jo Lee (Mao)
- Blanca Apilánez (Carmen)
- Pilar Arcas
- Cecilia Rossetto (Clienta super)
- Eduardo Blanco (Edgardo)