Surrealismo humanista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta corrente foi cultivada case exclusivamente polo poeta lugués Luís Pimentel. Por tanto, falar desta corrente significa facérmonos un percorrido polas princpais características da obra deste autor.
Pimentel era un grandísmo lector, o cal influirá de maneira directa na súa obra. Por isto, o surrealismo humanista nace influído pola escrita de Rosalía de Castro, Ramón María del Valle-Inclán, Dámaso Alonso, Jorge Guillén), Juan Ramón Jiménez, Francis James, Jules Laforgue ou Jules Superville. En palabras do profesor Luciano Rodríguez Gómez, partindo destas lecturas creou Pimentel un mundo poético propio: o surrealismo humanista.
Mais, por que ese nome? Luís Pimentel era médico. Alén disto, posuía unha grande empatía polos seres que o rodeaban, unha grande sensibilidade pola dor allea. Todos os días, na súa consulta, debía enfrontarse a situacións que ían desgastando o seu espírito pouco a pouco. Ante esta situación, o autor encontrou na morfina o seu refuxio na poesía o seu medio de expresión. Trátase dunha poética sinxela e afectiva, con elementos propios da vangarda (como a xustaposición de imaxes) transmitidos a través dun ton coloquial e dunha sinxeleza tremendamente estudada.
Este movemento está constituído por elementos que convidan ao recollemento: xardíns abandonados, prazas baleiras, son lento das campás, chuvia suave e lenta,... Predominan as cores escuras e apagadas (en contraposición ao hilozoísmo). En todos os seus poemas achamos a temática da solidariedade e denuncia do sufrimento alleo, a cal pode ser vista en poemas como Cunetas ou Enterro do neno pobre. Non utiliza Luís Pimentel a rima, senón que os seus poemas aseméllanse á prosa poética. Aínda así, estamos ante poemas dotados de grande musicalidade e formas poéticas.