See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Supervixens - Wikipedia

Supervixens

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Supervixens
Título orixinal Supervixens
[[Imaxe:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Russ Meyer
Produtor Russ Meyer
Guión Russ Meyer
Intérpretes Charles Pitt, Charles Napier, Uschi Digard, Shari Eubank, Christy Hartburg, Haji, Sharon Kelly
Música Johann Strauss, Alexander Borodin
Director de Fotografía
Montaxe Russ Meyer
Distribuidor RM Films International
Ano 1 de xaneiro de 1975
Duración 106 minutos
País Estados Unidos
Xénero
Orzamento 90.000 dólares
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Supervixens é unha película estadounidense de 1975, dirixida, escrita e producida por Russ Meyer.

É unha historia dun triángulo amoroso convertido nun cadrángulo. Nela aparecen os actores usuais de Meyer, como Charles Napier, Uschi Digard e Haji. Ademais, aparece Shari Eubank (que só filmou outra película co director), e Christy Hartburg, na súa única aparición con Meyer.

[editar] Argumento

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.


Clint Ramsey, empregado dunha gosoliñeira nunha vila do deserto, é irresistible para as mulleres, levando todas elas o prefixo "Super" nos seus nomes. Convive con SuperAngel (Shari Eubank), unha ninfómana que o chama de cotío ó traballo. Amenázao con queimarlle a casa se non aparece alí inmediatamente, e el vai, enfadado. Rexeita as súas propostas sexuais, e discuten. Un veciño avisa á policía, crendo que el a maltrataba, e un axente os separa.

Clint vai a relaxarse a un club de alterne, onde o atende SuperHaji (Haji). Ela ofrécella a chave da súa habitación para que a espere alí, pero el, novamente, rexeita a súa proposta. Mentras tante, SuperAngel leva á cama ó axente da policía que a atendera, Harry Sledge, atractivo pero impotente. Despechado polos insultos de SuperAngel mofándose del, acaba asasinándoa e prendendo lume á casa. Enterado o xefe de Clint do asunto, e pensando que fora o seu empregado quen a matara, vai falar con el, pero este dille que non sabe nada, e deciden que debe escapar.

Fai dedo para dirixirse ó oeste. Recólleno unha parella nova, e ela, SuperCherry (Sharon Kelly), faille propostas sexuais. Clint rexéitaas, e solicita baixar. O mozo, enfadado porque rexeitou á súa moza, dálle unha paliza. Tras roubarlle os cartos que lle deixara o xefe, déixano tirado na beiravía.

Clint é salvado por un vello granxeiro, que vive coa súa muller, unha moza ninfómana austríaca que ordeña as vacas, SuperSoul (Uschi Digard). Logo de deixar extenuado ó seu marido, peta na porta de Clint á noite. Espida, ponse sobre el na cama, coa intención de violalo. Desiste, pero outro día consígueo na palleira, onde os descubre o marido. Clint ten que escapar correndo, e chega a un motel.

O motel é propiedade dun vello viúvo e caucásico cunha filla negra e sordomuda, SuperEula (Deborah McGuire). Super Eula convénceo para iren dar unha volta polo deserto, pois o seu pai marchara á cidade, pero este, sospeitándoo, regresa co sheriff e se inicia unha persecución polo deserto. Clint logra escapar de novo, e chega a unha gasoliñeira.

Alí traballa SuperVixen. Ela e Clint convértense en parella, traballando felices na gasoliñeira. Pero chega o policía que matara a SuperAngel, que o recoñece, e decide matalos ós dous.

[editar] Comentarios

A película está chea de homenaxes.

A batalla final é unha recreación das pelexas do Correcamiños co Coiote na serie de debuxos animados.

Meyer incluíu moitas bromas habituais entre os veteranos da Segunda Guerra Mundial, con referencias á Alemaña nazi.

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -