See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Suger de Saint-Denis - Wikipedia

Suger de Saint-Denis

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Imaxe:Suger.jpg
Vitral en Saint-Denis que representa a Suger.
Fachada da basílica Saint-Denis
Fachada da basílica Saint-Denis

Suger foi un eclesiástico e estadista francés, nado en Chennevières-lès-Louvres en 1080 ou 1081 e morto en Saint-Denis o 13 de xaneiro de 1151.

Índice

[editar] Biografía

Membro dunha familia de servos, tivo o privilexio durante a súa infancia de acompañar o rei Luís VI nunha súa visita á abadía de Saint-Denis, na que ingresou cando tiña arredor de dez anos de idade. Logo de estudar no presbiterio de Estrées entre 1094 e 1104, para facerse monxe, voltou para a abadía de Saint-Denis, da que se convertiría abade de 1122 até 1151.

Gozando da total confianza de Luís VI, xogou un importante papel xunto el, próximo ao que hoxe denominaríamos un primeiro ministro: encarregado de misións diplomáticas no estranxeiro; conselleiro, nomeadamente para asuntos militares; foi el quen levou a Luís VII, fillo do rei e logo rei, xunto súa futura esposa, Eleonor de Aquitania, en 1137.

Suger converteuse en rexente da Francia, entre 1147 e 1149 cando Luís VII partiu para a segunda cruzada. A súa volta, o rei proclamouno "Pai da Patria". Mais cando Luís VII suxire a idea de facer anular o seu matrimonio con Eleonor, Suger comprende o perigo e as consecuencias dun acto tal, tentando entón disuadir ao monarca. Só despois da morte de Suger, Luís VII leva a cabo a súa idea.

A súa tumba foi profanada, durante a Revolución, en 1793.

[editar] Pensamento político

Suger actúa para reforzar la autoridade do rei francés, axudando ao monarca a conceder dereitos aos burgueses. O Capeto debe combater constantemente os señores rebeldes non interior do seu dominio, e malamente fai recoñecer o seu poder directo, a pesar dos seus feudos. Suger coloca teoricamente o rei na cimeira da pirámide vasalática. Ten xa unha "certa idea da nación", xa que escribe: «Non é nin xusto, nin natural que a Inglaterra estea submetida aos franceses ou que a Francia o estea aos ingleses». Figura tamén entre os fundadores das grandes crónicas de Francia, que constitúen a historia oficial da monarquía, pois redactou o primeiro volume consagrado a Luís VI.

[editar] Constructor da basílica gótica

Abade de Saint-Denis, Suger reempraza a antiga igrexa en ruínas, construída por Dagoberto cinco séculos atrás, pola actual basílica, que se beneficia dunha época de innovacións técnicas na construción, sendo o punto de partida do que, moito máis tarde, se denominará estilo gótico. Este templo permanece como un dos símbolos da monarquía francesa, á par que foi o moimento sepulcral secular dos reis de Franza.

[editar] Bibliografía

  • Erwin Panofsky, «L’abbé Suger de Saint-Denis», in Architecture Gothique et pensée scolastique, tradución e epílogo de Pierre Bourdieu. Paris. Éditions de Minuit, coll. «Le sens commun». 1967, pp. 7-65 ( tradución portuguesa O Abade Suger de S. Denis, in Significado das Artes Visuais, 3).
  • M. Bur, Suger, abbé de Saint-Denis, régent de France, Perrin. 1991.

[editar] Véxase tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -