See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Stock Aitken Waterman - Wikipedia

Stock Aitken Waterman

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Stock Aitken Waterman foron un importante trío británico de produtores de música pop e dance de mediados dos anos oitenta ata principios dos noventa formado por Mike Stock, Matt Aitken e Pete Waterman. Nos paises de fala inglesa tamén son coñecidos polo acrónimo SAW. De entre a gran lista de artistas producidos por eles podemos salientar como exemplo a Kylie Minogue, Bananarama, Rick Astley, Samantha Fox e Jason Donovan.

Aparecidos a finais do 1984 foron un dos equipos de produción máis prolíficos e de meirande repercusión no panorama comercial da década dos oitenta. Agrupados baixo a compañía Pete Waterman Limited (PWL) abandeiraron ó longo dun importante período de tempo o estilo nomeado Hi–NRG (léxase high energy), adoptando elementos do synth–pop e do dance electrónico ata converxeren nun son totalmente propio e doado de recoñecer. Na súa época máis tardía fíxose notoria a influenza do house e do eurobeat nas súas composicións, aínda que sen caeren plenamente neles e sen perde–la súa propia base.

O éxito sen precedentes de Stock, Aitken e Waterman debeuse a unha calculada e esmerada liña de produción, dende a captación de novos artistas, pasando pola fase de composición e arranxos, a pulcritude no proceso de gravación e mestura e finalmente a campaña de lanzamento. Ao marxe das críticas cara o círculo mainstream cabe facer fincapé en que gran parte do éxito obtido fundaméntase na consecución dun estilo moi persoal que tivo unha masiva acollida principalmente en Europa e paises da Commonwealth.

De raíz eminentemente tecnolóxica e bailable, a súa música apóiase no recoñecemento de certos patróns e clixés aínda que sen caer nunha tesitura forzosamente simple e/ou obvia. A efectos de harmonía son relevantes, por exemplo, as rodas de acordes, habitualmente complexas e cheas de tensións, e a súa evolución ó longo das composicións, a salientar os cambios pouco convencionais de intervalo tonal nas transicións e enlazadas dentro da súa estrutura (sobretodo entre o retrouso e a estrofa e entre o retrouso e a ponte), así coma o xeito de resolve–las pontes. Nas liñas de baixo atopamos dous patróns claramente diferenciados: por unha banda os de motivo funk e por outra os de tipo sequenced–bass máis propios do synth–pop e en ocasións moi preto do techno. Outro dos puntos fortes é a grande orquestración nas composicións (seccións de corda e metal) e a masiva aplicación de arranxos e ornamentación harmónica. En canto ó ritmo, baséase en patróns disco aínda que con movemento sincopado, situándoo moitas veces preto do funk e do house da primeira época, en especial cando empregan percusión de caixa de ritmos analóxica. En liñas xerais o color do son é brillante, cheo de reverbs amplias e delays sincrónicos.


[editar] Curiosidades

  • Stock, Aitken e Waterman facían figura-lo nome do suposto batería nos créditos dos discos como A. Linn, cando en realidade tratábase da caixa de ritmos Linn Drum que empregaban. Pete Waterman declarou nunha ocasión: “A caixa de ritmos é o mellor que lle sucedeu á música pop”.
  • Pete Waterman non aprendeu a ler nin escribir ata os trinta e oito anos. Na actualidade, ademais da música dedícase á poesía.
  • A finais dos noventa Mike Stock e Matt Aitken emprenderon accións legais contra Pete Waterman por un suposto fraude no reparto de royalties. Na actualidade subsanaron as súas diferencias e voltaron a se reunir.
  • Actualmente Kylie Minogue ten un preito contra PWL por un asunto semellante.


[editar] Algúns artistas producidos por Stock, Aitken y Waterman

  • Bananarama
  • Boy Krazy
  • Brother Beyond
  • Big Fun
  • Cliff Richard, canción "I just don't have the heart"
  • Dead or Alive
  • Divine
  • Donna Summer
  • Hazell Dean
  • Jason Donovan
  • Kylie Minogue
  • Laura Branigan, canción "Shatered glass"
  • Lonnie Gordon
  • Mandy Smith
  • Mel & Kim, ou tamén Kim Appleby cando morreu a súa irmá.
  • Pat & Mick
  • Princess
  • Reynold Girls
  • Rick Astley
  • Sabrina, nunha segunda época (cancións coma "All of me").
  • Samantha Fox
  • Sigue Sigue Sputnik, nalgunhas cancións coma "Success".
  • Sinitta
  • Sonia
  • Yell

[editar] Lingazóns


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -