Speed Metal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Speed metal é un estilo musical, subxénero do Heavy Metal, caracterizado pola elevada velocidade rítmica (do inglés, speed, rápido). A velocidade típica supera as 190 pulsacións por minuto (p.p.m.), en compases 4x4 con patróns típicos de semicorcheas.
A súa orixe remóntase ós anos oitenta, logo do auxe do Metal Británico, cando este extende a súa popularidade a Europa. Momento cumio no auxe deste estilo constitúeo a publicación do L.P. The Walls of Jerico de Helloween en 1985.
A estrutura da maioría dos temas de Speed Metal é bastante simple: dúas estrofas (normalmente de catro a seis versos), unha estrofa que sirve de ponte rítmica entre as estrofas e o estribillo (normalmente de dous ou tres versos), un estribillo (que acostuma constar de catro versos e que normalmente se repite dúas ou catro veces) con patróns rítmicos de brancas ou redondas; logo unha estrofa, unha estrofa ponte (que pode ser repetición da estrofa ponte anterior) e o estribillo; de seguido, un solo de guitarra, e finalízase coa estrofa ponte e o estribillo, o cal se repite varias veces ata o remate. É común tamén que entre o primeiro estribillo e a estrofa seguinte se intercale un fragmento de solo.
Nembargantes, os grupos de Speed Metal raramente se dedican a este estilo en exclusiva, senón que adoitan combiñalos con outros estilos e elementos moi diversos para producir os seus temas. Exemplos notables constitúenos entre outros Blind Guardian ou Gamma Ray. Isto provocou unha especie de evolución dentro do subxénero, que comezou a denominarse Power Metal. Actualmente, son poucos os grupos considerados como grupos de Speed Metal, aínda que en ocasións os integrantes dun grupo se definan así a si mesmos.
A fronteira entre Metal Melódico, Speed Metal, Power Metal, Metal Épico, e Metal Neoclásico é moi difusa. A vertixe rítmica do Speed Metal conséguese co uso masivo de figuras de semicorcheas executadas con técnica de Apagado nas guitarras (é habitual emprego da técnica denominada Encabalgamento) e executando dobre bombo nas baterías, de maneira que o ritmo de platillos se fai cun brazo e só queda outro para as caixas ou timbais. Os solos de guitarra son rapidísimos, combinando patrós de semicorcheas con fusas e incluso semifusas mediante todo tipo de técnicas, e acostuman a supor aproximadamente a cuarta parte da duración total do tema en execución, para unha duración típica ó redor dos catro minutos e medio. Ocasionalmente, a guitarra rítmica acompaña á guitarra solista, pero con máis frecuencia executa tamén certos fragmentos do solo, e incluso executa o propio solo noutra tonalidade, armonizando o solo da guitarra solista.