Soutomerille, Castroverde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Salvador de Soutomerille é unha parroquia deshabitada que se localiza no concello de Castroverde. A igrexa parroquial, en ruinas, é prerrománica reconstruída no século XVII. No lugar de Gondar houbo un hospital para os peregrinos do Camiño de Santiago que pasa pola parroquia.