See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Snooker - Wikipedia

Snooker

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Snooker
Snooker

O snooker é un xogo de billar, que se xoga nunha mesa especial de medidas 3,6m x 1,8m e con seis furados. Xógase con 1 bóla branca, 15 bólas vermellas (de 1 punto de valor cada unha) e 6 bólas de varias cores (amarela, verde, marrón, azul, rosa e negra).

O xogo é moi popular na Gran Bretaña, Irlanda, Canadá, Australia e a India. Recentemente xurdiu interese por el en Asia e xogadores de Tailandia, Hong Kong e China están chegando á elite.

Índice

[editar] Regras do xogo

O xogo consiste, basicamente, en petar directamente a bóla branca contra as outras, conseguindo que as demais se introduzan por calquera dos seis furados da mesa. A diferenza fundamental entre o snooker e o billar americano son as regras e a secuencia polas que as bólas teñen que ser introducidas. Ademais, tampouco se pode xogar coa banda.

Ó inicio de cada quenda o xogador correspondente deberá guindar a bóla branca contra unha bóla vermella para introducir esta última nun dos furados e conseguir un punto. A seguir, o mesmo xogador fará o mesmo contra unha bóla de cor (amarela 2 puntos, verde 3, marrón 4, azul 5, rosa 6 ou negra 7) e, de a meter por un furado, outra vez contra unha vermella e así sucesivamente. As bólas de cor introducidas sácaas o árbitro do furado e vólveas colocar na posición orixinal. O xogador debe indicar qué bóla de cor vai xogar cando isto non estea claro.

Os xogadores perden a quenda cando non introducen a bóla no furado ou cando non impactan en primeiro lugar coa bóla correspondente (for cor, for vermella).

Ao que todas as bólas vermellas da mesa xa foron envorcadas, proséguese coas bólas de cor de menor a maior valor. Acádase unha xogada perfecta cando se logran 147 puntos, que é o resultado de introducir todas as bólas vermellas e todas as de cor, sempre combinadas coa negra.

Se a bóla branca e unha vermella están pegadas (touching ball) enténdese que a branca xa petou contra ela, así que ou ben se dirixe noutra dirección sen mover a vermella, ou ben se empurra esta para metela por un furado. Cando un xogador non ten opción de xogar a bóla vermella sen apoiarse en banda dise que a bóla está "snooker", (agochada), de onde lle vén o nome ó xogo.

[editar] Distribución das bólas

Colocación inicial das bólas
Colocación inicial das bólas
  • A bóla amarela (Am) colócase á dereita do D de saída.
  • A bóla verde (Ve) colócase á esquerda do D de saída.
  • A bóla marrón (Ma) colócase no centro do D. Todas elas sobre a liña horizontal da cabeza.
  • A bóla azul (Az) colócase no centro da mesa.
  • A bóla rosa (Rs) colócase á metade da distancia entre a banda curta e o centro da mesa.
  • O bloque de bólas vermellas xusto detrás da bóla rosa
  • A bóla negra (Ne) no punto de negra detrás do bloque.

Se os puntos que ocupan as bólas de cor estivesen ocupados no momento de devolvelas ó sitio, colocaranse no punto libre de maior valor. Se estivesen todos ocupados, colocaranse o máis preto posible do punto de orixe da bóla, sempre do lado de máis valor e sen tocar a que xa está.

[editar] Penalizacións

Campionato de snooker
Campionato de snooker

No snooker, petar unha bóla que non é a indicada é falta. Os puntos que suma o rival son como mínimo 4, pero se a bóla golpeada é de maior puntuación, o castigo terá tantos puntos como valla a bóla. Se hai máis dunha bóla implicada, a falta é igual ós puntos que valla a bóla de máxima puntuación. Meter unha bóla que non corresponde, ou meter a bóla branca, tamén é falta.

Non tocar unha bóla tamén é falta. Se o tiro é a unha de cor e non se contacta con ela, o castigo ten o valor dos puntos que valla a bóla pretendida (por iso hai que indicar cal é a bóla obxectivo).

Pódense meter varias bólas vermellas dun tiro pero non varias de cor. Tampouco é válido darlle a unha bóla de cor ou a unha vermella para meter outra de cor en combinación, pero si que se poden combinar bólas vermellas para meter bólas vermellas.

Ante unha falta, o xogador que non a cometeu ten que decidir se lle manda repetir ó xogador que a cometeu ou se colle el a quenda, dependendo da facilidade ou complexidade das bólas sobre a mesa. Se se cometen ao mesmo tempo unha falta de branca e outra falta, o árbitro canta "foul and a miss" e prodúcese obrigatoriamente cambio de quenda.

[editar] Resultados do Campionato mundial de snooker dende 1977 "The Crucible"

Edición Campión Finalista Resultado
1977 Inglaterra John Spencer Canada Cliff Thorburn 25–21
1978 País de Gales Ray Reardon Sudáfrica Perrie Mans 25–18
1979 País de Gales Terry Griffiths Irlanda do Norte Dennis Taylor 24–16
1980 Canada Cliff Thorburn Irlanda do Norte Alex Higgins 18–16
1981 Inglaterra Steve Davis País de Gales Doug Mountjoy 18–12
1982 Irlanda do Norte Alex Higgins País de Gales Ray Reardon 18–15
1983 Inglaterra Steve Davis Canada Cliff Thorburn 18–6
1984 InglaterraSteve Davis Inglaterra Jimmy White 18–16
1985 Irlanda do Norte Dennis Taylor Inglaterra Steve Davis 18–17
1986 Inglaterra Joe Johnson Inglaterra Steve Davis 18–12
1987 Inglaterra Steve Davis Inglaterra Joe Johnson 18–14
1988 Inglaterra Steve Davis País de Gales Terry Griffiths 18–11
1989 Inglaterra Steve Davis Inglaterra John Parrott 18–3
1990 Stephen Hendry Jimmy White 18 - 12
1991 John Parrot Jimmy White 18 - 11
1992 Stephen Hendry Jimmy White 18 - 14
1993 Stephen Hendry Jimmy White 18 - 5
1994 Stephen Hendry Jimmy White 18 - 17
1995 Stephen Hendry Nigel Bond 18 - 9
1996 Stephen Hendry Peter Ebdon 18 - 12
1997 Ken Doherty Stephen Hendry 18 - 12
1998 John Higgins Ken Doherty 18 - 12
1999 Stephen Hendry Mark Williams 18 - 11
2000 Mark Williams Matthew Stevens 18 - 16
2001 Ronnie O'Sullivan John Higgins 18 - 14
2002 Peter Ebdon Stephen Hendry 18 - 17
2003 Mark Williams Ken Doherty 18 - 16
2004 Ronnie O'Sullivan Graeme Dott 18 - 8
2005 Shaun Murphy Matthew Stevens 18 - 16
2006 Graeme Dott Peter Ebdon 18 - 14
2007 John Higgins Mark Selby 18 - 13

[editar] Listas

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -