Shirley Manson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Shirley Ann Manson (nacida o 26 de agosto de 1966) é unha cantante escocesa, vocalista da banda Garbage.
[editar] Primeiros anos
Manson é a segunda de tres fillas; o seu pai é xenetista e a súa nai foi cantante. Empezou a estudar piano á idade de 7 anos, máis tarde acudíu á Escola de Música da Cidade de Edimburgo onde tamén formou parte do grupo de teatro.
Na escola os demais nenos metíanse frecuentemente con ela. Burlábanse do seu aspecto e da cor do seu pelo. Ás veces, regresaba a casa ensanguentada e magullada por culpa do acoso. Os interminables acosos e burlas conducírona a unha profunda depresión e empezou a autolesionarse, entre outras cousas.
Traballou brevemente como dependenta nunha tenda. A súa primeira experiencia musical foi coas bandas Autumn 1904 e Wild Indians. Cando tiña 16 anos uníuse ao grupo Goodbye Mr. Mackenzie onde tocaba os teclados e facía de segunda vocalista. Neste grupo estivo unha década ata a súa disolución en 1992. Despois desta, Shirley, xunto con dous membros do grupo, fundaron Angelfish, outra banda na que Shirley era a vocalista.
Garbage |
Butch Vig | Shirley Manson | Duke Erikson | Steve Marker |
Discografía |
---|
Álbumes: Garbage | Version 2.0 | beautifulgarbage | Bleed Like Me |