See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Serea Maruxaina - Wikipedia

Serea Maruxaina

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

[editar] Serea Maruxaina.

Na Mariña de Lugo, en concreto en San Cibrao, celébranse unhas festas no mes de agosto que relembran a Lenda da Serea Maruxaina. Pervive, na mente das xentes daquela vila mariñeira, a lenda daquela ninfa que desde o mar atrae cos seus cantos e os seus encantos ós mariñeiros para que despois naufraguen. Ten a condición enganosa das ondinas traizoeiras, das uxidías sereas errantes e das pérfidas náiades tramposas. As augas tranquilas convértense de sópeto en remuíños, tempestades, vendavais e furacáns deitando as embarcacións dos inxenuos mariñeiros que atenden ás melodías engaioladoras da serea e que se deixan seducir polos seus feitizos e a súa beleza.

Alá ó lonxe semella unha princesa que chama consoladora. Coa súa fermosura, coa súa doce voz e simpatía, cos seus ollos de luz -que son as mortais trampas para fascinar ós insensatos que neles se deixan mirar- vai levando ós mariñeiros da vila por vieiros tortuosos que acaban sempre cun desenlace tráxico.

Embobados por un espellismo, por unha ilusión óptica que os hipnotiza e enfeitiza, van caendo, pouco a pouco, hoxe uns, mañá outros poucos sobreviven para relatalo.

Mentres ela ri gargalladas compracidas por aquel insaciado desexo que castiga a todo o pobo. Son uns risos que resoan como unha fervenza de perlas espalladas entre as augas. Son os signos vibradores que divulgan no contorno, coma se fosen múltiples rumores pezoñentos, tristes badaladas dun dramático suceso que, ó final, se van co vento.

Mais nunha ocasión e despois de reparar nas desgrazas acaecidas e nas manifestacións dos poucos que puideron contalo, puxéronse de acordo para buscar unha solución coa que ninguén máis padecera aquela atracción fatal da fada mariña Maruxaina.

Para non caer nas trampas da serea nin sentir sequera as máis leves notas, nin músicas engaioladoras, nin as melodías de namoro que lles interpretaba, fixeron soar todos xuntos unhas cornas que antes empregaban os mariñeiros cando saían ó mar para orientarse na noite ou nas brétemas, tan comúns por aquelas costas da Mariña.

Así mesmo para non caer fascinados polos seus encantos acordaron ir de noite, nunha noite escura e sen lúa, para nin sequera sufrir o engano astral da lúa que nas noites potencia os poderes dos estranos seres e máis aínda cando afectan a unha Dama encantada.

No pobo apagaron tódalas luces, velas e lámpadas e saíron á procura da perversa serea. Esta empregou de cantos recursos e feitizos coñecía, pero de nada lle valeron. Os mariñeiros apenas vían na noite os perfís da Serea Maruxaina e cos ruídos de tantos cornos non sentían as músicas que ela insistentemente interpretaba. De tal xeito que puideron apresala e conducila a San Cibrao.

De volta e xa capturada puideron marcar ruta por medio de luces e unha grande algarabía de satisfacción. Levárona á Praza Maior da vila e alí xulgárona pola súa conducta e aínda tendo en conta os seus alegados de inocencia, non houbo perdón. Ó final, foi condenada e pagou as súas culpas sen ningún miramento.

Hoxe séguese a celebrar esta lenda e, cando as xentes e os mariñeiros a festexan, saen ó mar, e fan soar tódalas sirenas dos seus barcos facendo un grande estrondo. De volta acenden as luces dos barcos e xa na Praza Maior xulgan á Serea Maruxaina establecendo dous bandos: uns que a defenden e outros que a acusan. Ó final díctase a sentenza absolutoria ou condenatoria e proseguen cos festexos que se motivan en base a unha fermosa lenda.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -