Selandia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este é un artigo sobre unha illa dinamarquesa. Para a provincia dos Países Baixos, consulte Celandia
Selandia (Sjælland en danés) é a illa máis grande de Dinamarca con 7.031 km². Está situada entre o estreito de Kattegat (ao norte) e o mar Báltico (ao sur), separada da rexión sueca de Escania polo estreito de Sund (ao leste) e de Fionia polo Gran Belt (ao oeste).
Posúe un relevo chan, accidentado por outeiros morrénicos e costas recortadas.
A capital de Dinamarca, Copenhague, está parcialmente situada na costa este de Selandia e parcialmente na illa de Amager (parte do Øresund). Outras cidades na illa son Roskilde e Elsinor.
O nome orixínase nas grandes poboacións de focas (en danés sæl) nas costas da illa.