Sadi Carnot (físico)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nicolas Léonard Sadi Carnot (nado o 1 de xuño de 1796 e falecido o 24 de agosto de 1832), correntemente chamado Sadi Carnot (Sadi é o seu único nome propio mencionado no rexistro civil, Nicolas Léonard son nomes de bautismo ), foi un físico e enxeñeiro francés.
No publicou máis que un único libro: Réflexions sur la puissance motrice du feu et sur les machines propres à développer cette puissance (Paris, 1824) (Reflexións sobre a forza motriz do lume e sobre as máquinas apropiadas para deesnrolar esta forza), no que explica, cando tiña 27 anos, o que sería a obra da súa vida. Nela puxo as bases dunha disciplina enteiramente novedossa, a termodinámica. Naquela altura, o termo non existía, aínda que sería William Thomson, Lord Kelvin, quen o cuñase a mediados do século XIX. Porén, é Sadi Carnot, quen, a pesar da imprecisión dalgúns dos conceptos que empregou, con a teoría do calórico e o axioma da conservación da calor, creou esta ciencia tan fundamental tanto desde a perspectiva teórica como pola súa fecundidade de aplicacións prácticas. Carnot formulou a exposición razoada do motor térmico e máis os principios básicos segundo os cales calquer central enerxética, calquer automóbil, calquer motor a reacción, é concebido hoxe. Salientabelmente, esta xénese se elaborou cando nengún predecesor definira aínda a natureza e extensión do asunto. Apoiándose en preocupacións puramente técnicas, como o melloramento dos rendementos da máquina de vapor, a evolución intelectual de Sadi Carnot foi orixinal e anunciou evolucións importantes que xurdirían nunha época gonce para a ciencia moderna