Roy Makaay
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Roy Makaay | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Roy Rodolphus Anton Makaay | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 3 de marzo de 1975 | ||
Lugar de nacemento: | Wijchen, Países Baixos | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | Bayern München | ||
Posición: | Dianteiro centro | ||
Altura: | 1,88 metros | ||
Partidos internacionais: | 43 | ||
Goles: | 6 (selección), 23 (Vitesse Arnhem), 21 (CD Tenerife), 79 (Deportivo de A Coruña), 62 (Bayern München) | ||
Ano do debut: | 1993 | ||
Clube do debut: | Vitesse Arnhem | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: |
Roy Rudolphus Anton Makaay (nado o 9 de Marzo, de 1975 en Wijchen, Países Baixos) é un futbolista. Xoga de dianteiro. O seu clube é o Bayern Munich, e tamén é internacional por Holanda.
Tras ser rexeitado nas categorías inferiores do Ajax, recalou no Vitesse Arnhem, onde comezou a destacar. Cando se lle pregunta se é seguidor dalgún clube á marxe de para o que xoga sempre amosa a súa predilección pol Vitesse.
O Tenerife fixouse nel e contratouno. Aínda que o equipo descendeu de categoría, Makaay destacou e fichou polo Deportivo da Coruña. No ano 2000 o Deportivo é campión de Liga e Roy fai 22 goles. A súa mellor marca prodúcese na tempada 2002/03, onde acada os 29 tantos en liga e gaña a Bota de Ouro, premio concedido ó máximo goleador europeo.
O xogador decidira a tempada que gañou a liga non renova-lo contrato có Deportivo cando este rematara, por diferenzas có presidente do clube. E así, no 2003, no seu penúltimo ano de contrato, marcha cara o Bayern Munich, onde xoga na actualidade.
Actualmente xa superou unha marca do mítico Gerd Müller, o cal precisou 83 encontros para marcar 50 goles có Bayern e Roy Makaay tan só 67.
Dianteiro rápido cun disparo temible, é un especialista nos mán-a-mán fronte ós gardamallas así coma veloz nos desmarques.
[editar] Clubes
- Deportivo de la Coruña
- Bayern Munich
- Feyenoord Roterdam