Roberto I de Escocia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Roberto I Bruce (Robert the Bruce)(¿?, 11 de xullo de 1274-¿?, 7 de xuño de 1329), foi rei de Escocia de 1306 a 1329.
Nobre escocés, era fillo do conde de Carrick, Roberto VII Bruce (tataraneto do rei David I), polo tanto pretendente ao trono escocés. A diferenza do seu pai, foi rebelde á política de Eduardo I de Inglaterra de submeter ao seu país. Pese á negativa do seu pai, uníuse ás forzas independentistas de William Wallace contra os ingleses. Á morte do seu pai(1304) asumíu o título de Conde de Carrick co nome de Roberto VIII. Traicionado e executado Wallace en 1305, Roberto asumiu o mando das forzas independentistas escocesas.
En 1306, autoproclamouse Rei de Escocia co nome de Roberto I. Ese mesmo ano as milicias escocesas foron derrotadas polas tropas inglesas. Roberto viuse obrigado a refuxiarse na illa de Rathling (na costa norte de Irlanda).
En 1307, morreu en Inglaterra Eduardo I e subiu ao trono o seu feble fillo, Eduardo II. Contando con este factor e co apoio dos habitantes das Highlands de Escocia, Roberto regresou e comezou unha verdadeira guerra de guerrillas contra os destacamentos ingleses, reconquistando en poucos anos caso todo o territorio escocés, sen presentar un combate formal aos desorientados invasores.
Disposto finalmente a presentarlles batalla, loitou contra os ingleses de Eduardo II na batalla de Bannockburn en 1314, onde os derrotou.
Puxo punto final ao conflito anglo-escocés mediante unha tregua (1327) e foi recoñecido polos ingleses como rei de maneira formal polo tratado de Northampton de 1328, un ano antes da súa morte, causada pola lepra. Casado en primeiras nupcias con Isabella de la Mar tivo unha filla:
· María, casada con Walter Estuardo, 6o Alto Administrador de Escocia. Ambos foron pais do futuro rei Roberto II de Escocia.
Casado en segundas nupcias con Isabel de Burgh, tivo un fillo, o cal sería o seu sucesor: · David
Aparece como unha das persoaxes na película Braveheart.