See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Robert F. Kennedy - Wikipedia

Robert F. Kennedy

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Robert F. Kennedy
Robert F. Kennedy

Robert Francis "Bobby" Kennedy, (20 de novembro de 19256 de xuño de 1968) era o irmán máis xoven do Presidente John F. Kennedy, e foi designado polo seu irmán coma Fiscal Xeral para a súa administración.

Índice

[editar] Primeiros Anos

Robert Kennedy era o séptimo fillo de Joseph P. Kennedy e Rose Kennedy nacido o 20 de novembro de 1925. Asistiu e graduouse na Universidade de Harvard en 1948, tras servir durante pouco tempo na Armada. Recibiu a súa graduación en dereito polo Colexio Legal da Universidade de Virxinia en 1951 e posteriormente encargouse de asesorar (con bastante éxito) ó seu irmán John para o comezo da súa campaña ó senado en 1952.

[editar] Traballando para JFK

O presidente Kennedy premiou ó seu irmán nomeándoo Fiscal Xeral dos Estados Unidos. Durante a administración Kennedy, "Bobby" foi asesor do presidente. Un dos problemas aos que tivo que enfrentarse foi la Invasión da Bahía de Cochinos en Cuba no ano 1961 así coma a Crise dos misiles de Cuba 18 meses máis tarde. Tamén se enfrentou coa escalada militar en Vietnam e cós movementos en defensa dos dereitos civís. É recordado sobre todo polos seus traballos nos dereitos civís. Tra-lo asesinato do presidente Kennedy en 1963, Robert permaneceu coma fiscal xeral aínda que as súas relacións có seguinte presidente Lyndon Johnson non foron boas.

[editar] Senador por Nova York

Tra-la morte de JFK, Robert pensou que podía obter a vicepresidencia no goberno de Johnson. Sen embargo, despois de que Johnson confirmara que non contaba con él para o cargo, abandonou o gabinete do presidente. Iniciou a campaña para conseguir unha cadeira no senado coma representante por Nova York. Foi elexido en novembro de 1964, derrotando ó seu oponente republicano, Kenneth Keating.

[editar] Candidatura á presidencia e asesinato

Tumba no cemiterio de Arlington
Tumba no cemiterio de Arlington

Nun principio, Kennedy negou as especulacións que afirmaban que ía intentar ser o candidato demócrata ás eleccións á presidencia de 1968, enfrentándose ó seu compañeiro de partido, o presidente Johnson. Johnson obtivo unha vitoria débil nas primarias de New Hampshire contra o senador Eugene McCarthy, un candidato anti-guerra; pouco despois, Kennedy anunciou a súa candidatura o 16 de marzo. Dúas semanas despois, Johnson declarou nunha intervención televisada que non ía presentarse á reelección. O 5 de xuño de 1968, Kennedy realizou un discurso de agradecemento ós seus electores no Hotel Ambassador dos Ánxeles. Mentres se dirixía por un andar cheo de xente hacia as cociñas do hotel, Sirhan Sirhan, un home de 22 anos residente nos Ánxeles e con ascendentes palestinos, apareceu disparando cun revólver do calibre 22 contra a multitude que enchía o andar. Diversas persoas resultaron feridas, entre elas o senador Kennedy ao que disparou a queimarroupa. Sirhan confesou o seu crime por ser contrario ao apoio político a Israel do senador condeárono a cadea perpetua. Robert F. Kennedy faleceu a primeira hora da maña do día 6 de xuño de 1968 aos 42 anos. Está enterrado preto do seu irmán John no cemiterio de Arlington.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -