See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Robbie Williams - Wikipedia

Robbie Williams

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención!!! Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.

Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Robert Peter Williams naceu o 13 de febreiro de 1974 nun hospital ó noroeste de Gran Bretaña. Seu pai, Pete Conway, é un actor de comedia bastante coñecido. Súa nai, Teresa Jeanette Williams, dona de varios pubs. Robbie tivo unha infancia normal. Cando só tiña 3 anos, seus pais divorciáronse e el, xunto a súa nai e a súa irmá Sally, mudouse de casa. Esa casa estaba moi cerca do estadio de fútbol do equipo de Port Vale FC, do cal é un fanático seguidor.

Sempre foi o pallaso da súa aula na escola, como Robbie di: “Eu era o neno “rechoncho” que ía por aí facendo caras e bromas, ata que estiven rodeado dun gran círculo de amigos”. Robbie non era coñecido polas súas habilidades académicas. Era realmente bó para os deportes e era un rapaz moi popular. No instituto estudou até os dezaseis anos. Comportouse coma un bo estudante, aprobando tódalas materias con boas notas.

Ós 16 anos, Rob deixou os estudos porque tiña moi claro que quería ser actor, así e todo, o seu primeiro traballo foi de vendedor de xanelas na empresa dun familiar.

A súa vida cambiou cando respondeu a un aviso nun diario que pedía un membro para unha banda. Mark Owen catalogouno como “moi gracioso e moi seguro de si mesmo”. Catro semanas despois, recibiu unha chamada telefónica ofrecéndolle o posto na banda.

A banda resultou ser un éxito en Europa vendendo en Gran Bretaña máis discos ca The Beatles. O martes 18 de Xullo de 1995, as novas sorprenderon ós fans de Take That, Robbie deixaba o grupo.

Máis adiante o que mellor sobreviviría ía ser Robbie, tras seis meses de pelexas legais co seu anterior grupo e unha temporada nunha clínica desintoxicándose das drogas. Pasados seis meses, Take That decidiu separarse, xa que crían que coa perdida de Robbie, non era o mesmo.

Robbie sacou o seu primer álbum, “Life Thru a Lens” (1997), disco multiplatino igual có seguinte, “I’ve Been Expecting You”. O álbum foi moi ben en vendas e obtivo unha moi boa crítica.

En 1998 gaña tres premios Brit Awards: Mellor Artista Masculino, Mellor Single (Angels) e Mellor Videoclip (Millenium).

No Glastonbury Festival de 1998, Robbie actuou ante a maior audiencia xamais convocada, nun escenario piramidal.

Robbie foi cabeza do cartel en Slane Castle el 28 de agosto de 1999. Vendéronse 80.000 entradas do festival semanas antes da súa celebración.

No 2000 foi un bo ano para Robbie, xa que o lanzamento do seu terceiro disco solista chamado “Sing when you are winning” implicou o gran boom do seu primeiro single Rock DJ, co extravagante vídeo clip. O seu segundo single foi Kids, no cal Robbie é acompañado por Kylie Minogue e “Somethin’ Stupid” canción que interpreta con Nicole Kidman.

As súas letras teñen sentido e falan de moitas máis cousas que de amor, entrando no terreo da relixión, ou o da violencia, que a miúdo vai asociado á música actual, igual có consumo de drogas, que Williams nunca escondeu.

“Escapology” un disco con estilos variados e grandes temas coma Feel, que comprenden o sonido de Blur, Queen e ata os Beatles. Destacan cancións como: Something Beautiful, Monsoon, Sexed up, Song 3, Me and my monkey e seu primeiro single Feel, unha balada catalogada coma un futuro clásico da súa discografía.

Para a promoción de “Escapology” saíu espido en internet porque di que quere comparti-los atributos cos que Deus o trouxo ó mundo.

O disco deu lugar a unha das súas grandes xiras, durante a que toca 3 días consecutivos enchendo en Knebworth, e dando lugar a un disco en directo con algunhas das súas mellores cancións “Robbie Williams Live Summer 2003”.

Ó longo de tres días de agosto, Robbie actuou ante 375.000 fans en Knebworth Park, superando o anterior récord, logrado por Oasis.

Tras un increíble record de oito anos seguidos encabezando as listas musicais, este showman británico lanza a súa primeira colección de Grandes Exitos. O álbum ofrece, ademais do primeiro material novo de Robbie en dous anos, unha selección dos mellores temas que marcaron unha das máis destacadas carreiras da historia musical británica.

Greatest Hits presenta temas de catro dos álbums de máis éxito de Robbie: Life Thru a Lens, I’ve Been Expecting You, Sing When You’re Winning e Escapology. Dende a descarga de adrenalina de Let Me Entertain You é o éxito da balada Angels ata Kids, a súa contribución ó himno Kylie e o éxito de Feel, Greatest Hits é unha grande recompilación da carreira de Robbie ata a data.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -