Riobó, A Estrada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa Martiño de Riobó é unha parroquia do concello da Estrada, composta por 9 entidades de poboación.
No ano 2006 tiña 227 persoas, o que significou unha perda do 41,34% con respecto a 1986, ca do tiña 387 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 250 personas.
Riobó esta situado a uns 10 kilometros da Estrada, na zona do Ulla. Recibe o nome do río que a cruza, o río Bo.
Limita ó norte con Arnois e Oca; ó sur con Ancorados e Remesar; ó leste con Remesar e Oca; e ó oeste con Berres.
Entre as súas vías de comunicación conta coa estrada de Callobre, a ponte Ledesma, e varios camiños rurais, como a ponte de Riobó na Estrada e os pontillóns de Barcia, Portecelo, Lamas entre as Penas e Remesar, e Pardiñeira entre San Martín e Pena.
A festa patronal celébrase o 11 de novembro, e tamén se celebra San Blas o 3 de febreiro.