Riccardo Bacchelli
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Riccardo Bacchelli (Boloña 1891 - Monza 1985) foi un escritor italiano.
Comezou escribindo poesía futurista e escribiu a súa primeira novela en 1911, Il filo meraviglioso di Lodovico Clo, con forte carga erótica.
Dentro da súa narrativa histórica destacan obras como Il diavolo al Pontelungo (1927), Il mulino del Po (1938-40) (triloxía que comprende Dio ti salvi, La miseria viene in barca e Mondo vecchio sempre nuovo), Il figlio di Stalin (1953) ou I tre schiavi di Giulio Cesare (1958).
Escribiu nun estilo popular, incluíndo numerosos dialectalismos e vulgarismos o que dá ás súa obras un maior aspecto realista.