See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Resistencia francesa - Wikipedia

Resistencia francesa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Resistencia francesa, coñecida en Francia como «A Resistencia» (en francés: La Résistance), é a forma coa que se denomina ao conxunto de movementos e canles clandestinas, que durante a Segunda Guerra Mundial, continuaron a loita contra o Eixo no territorio francés tralo armisticio do 22 de xuño de 1940, ata a liberación en 1944.

A loita consistiu, por unha banda, en accións de información, sabotaxe e operacións militares contra as tropas de ocupación (esencialmente alemás) e contra as forzas do réxime de Vichy. Por outra banda, tratábanse aspectos máis ben civís e non violentos, como a existencia dunha ampla prensa clandestina, a difusión de folletos, a produción de documentación falsa, a organización de folgas e manifestacións, a posta en marcha de múltiples redes para o salvamento tanto de prisioneiros de guerra evadidos, de refractarios ao STO (Servizo de Traballo Obrigatorio) e de xudeus perseguidos.

A Resistencia puido manifestarse tanto na cidade coma no campo, sobre todo –para ese último- a raíz do nacemento dos maquis na primavera de 1943. O exército das sombras reuníu a homes de todos os horizontes, expostos a unha terrorífica represión por parte do RSHA, do Abwehr, da Wehrmacht, así como da Milicia Francesa e da policía do Estado francés. Aínda que a Resistencia activa e organizada nunca representou máis de 2 ou 3 % da poboación francesa, non podería sobrevivir nin desenvolverse sen innumerables complicidades populares, en particular na época dos maquis.

[editar] Quen foron?

Os resistentes son homes e mulleres de todas as idades, aínda que a miúdo novas, ata moi novas. Os estudos apuntan que, malia que a Resistencia contou con auténticos personaxes románticos e bohemios, a gran maioría deles estaban casados, tiñan un oficio e unha vida de familia. Entre estes cabían universitarios, mestres, xornalistas, enxeñeiros, eclesiásticos, militares, adolescentes das clases medias e superiores, tanto como obreiros, tendederos ou artesanos. Só unha minoría vivía a tempo completo nunha total clandestinidad. Todas as capas sociais, todas as sensibilidades políticas, filosóficas e relixiosas están representadas no seo da Resistencia. No entanto, os xudeus, os demócrata-cristiáns, os socialistas e os comunistas son os que máis enchían as súas filas. Aínda que a clase dos grandes empresarios está moi pouco presente -malia excepcións destacables (Peugeot, Michelin)-, en cambio numerosos elementos tradicionalmente conservadores como os da Igrexa, os militares ou a aristocracia, participan de forma significativa na loita. Unha gran cantidade de estranxeiros combateron cos resistentes franceses: antifascistas italianos, antinazis alemáns e republicanos españois refuxiados en Francia; inmigrantes polacos e armenios; xudeus apátridas. Franceses ou estranxeiros, é de subliñar que a nivel representativo, os xudeus destacaron dentro da Resistencia, en todos os niveis de responsabilidade e en todas as formas de combate subterráneo.

[editar] Véxase tamén

  • Drôle de guerre
  • Batalla de Francia

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -