ReNova Galiza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
reNOVA GALIza é unha revista editada en Cataluña polo Foro Cívico Galego de Barcelona. Pretende ser a herdeira renovada e actualizada da tradición de publicacións galegas na emigración, neste caso en Cataluña. Unha tradición que comezou coa revista Nova Galiza, fundada en Barcelona por Castelao e Dieste en 1937. Tamén Nueva Galicia. Portavoz de los antifascistas gallegos (1936-1938) que, fundada en Madrid, chegouse a editar durante un tempo da súa andaina tamén na cidade de Barcelona.
O primeiro número da revista viu a luz no ano 2005. Posteriormente, entre os meses de xullo e setembro do ano 2006, foron presentados tanto o segundo número como o extra dedicado ós galegos e as galegos do mundo. (A Galiza global).
O monográfico da revista titulado “As galegas e os galegos do mundo” recibiu o premio da Xunta de Galicia á mellor revista editada polas entidades galegas no exterior no ano 2007. O premio expresa o recoñecemento daqueles traballos que en diversos ámbitos culturais contribúen a un mellor coñecemento do fenómeno migratorio galego.
[editar] Equipo de redacción actual
- Camilo F. Valdehorras (Director),
- Suso Mon (subdirector),
- Xavi Poza (xestor-xornalista),
- Pablo Aguiar Fernández,
- Xosé Antón Armesto,
- Montse Cachafeiro,
- Paco Castro,
- Helena Domínguez,
- Judith Vázquez Álvarez,
- Sonia Villapol.