Relicario
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámaselle relicario á caixa ou estoxo para gardar reliquias ou recordos dos santos e expoñelas á veneración dos fieis.
Índice |
[editar] Relicarios do cristianismo
Estiveron en uso co nome de encólpium xa nos primeiros séculos da Igrexa, anque por entón tiñan carácter privado e levávanse pendentes do pescozo en forma de caixiñas ou medallas con figuras e inscripcións. Constan exemplares polo menos do século IV e son célebres os que se atopan (siglo VI) no Tesouro de Monza, regalados por San Gregorio á raíña Teodolina. Entre eles, atópanse certas botelliñan moi comúns naquela época, que só contiñan algodón empapado en aceite bendecido ou tomado das lámpadas que ardían á veira do sepulcro dalgún mártir. Para a veneración pública das reliquias naqueles primeiros sepulcros e altares que as contiñan. Pero dende o século IX comezaron a colocarse ademáis sobre o altar relicarios en forma de caixiñas e arquetas.
Esta forma de relicario continuou nos séculos posteriores ata a época de arte oxival sendo preferidas as arquetas máis ou menos capaces e ricas, segúndo a magnitude das reliquias e a magnificencia do donante e aproveitándose con frecuencia para o obxeto arquetas de uso profano. Destas, pódense citar:
- A Arca santa das Reliquias da catedral de Oviedo
- A Arca de San Millán
- O cofre de madeira chapeado de prata repuxada e con figuras de Santos na parroquia de Abárzuza (século XI)
- A arqueta de bronce esmaltado e con figuras de relieve no mosteiro de Silos e no Museo de Burgos (século XIII)
- A arqueta de Colonia
- A arqueta de Limoges
O relicario tomou dende o século XIII formas moi variadas e artísticas, sendo as principais:
- A de arqueta e templete, imitando un templo coas arquerías oxivais e crestería
- A de ostensorio, co seu pie e a sua torre
- A de busto e estatua, coa imaxe do Santo á que pertence a reliquia que alí se recolle.