Reims-Gueux
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Reims-Gueux é un circuíto de carreiras semipermanente situado ao suroeste da cidade de Reims, Francia. Xa que as estradas eran case rectas, alcanzábanse altísimas velocidades máximas, o que levou aos organizadores a tallar árbores e demoler casas para mellorar as zonas de escape.
Reims-Gueux albergou en anos alternos o Gran Premio de Francia entre as tempadas 1950 e 1966 da Fórmula 1. Outras carreiras disputadas no circuíto inclúen o Gran Premio da Marne, o Gran Premio da ACF, as 12 horas de Reims, e varias datas de Fórmula 2 e Fórmula 3.
Orixinalmente, o trazado compúñase das estradas RN31, CD26 e CD27 que conectaban as localidades de Thillois e Gueux. En 1952, o percorrido modificouse totalmente: deixouse de pasar polo pobo de Gueux e reduciuse a extensión a 8,3 km.
Foi pechado definitivamente en 1972 por dificultades financieiras.
[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Reims-Gueux
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 2:57:52,800 h | 7,815 km | 64 | 168,707 km/h | 2. Xullo | Francia |
1951 | Luigi Fagioli |
Alfa Romeo | 3:22:11,000 h | 7,816 km | 77 | 178,600 km/h | 1. Xullo | |
1953 | Mike Hawthorn | Ferrari | 2:44:18,600 h | 8,347 km | 60 | 182,881 km/h | 5. Xullo | |
1954 | Juan Manuel Fangio | Mercedes-Benz | 2:42:47,900 h | 8,302 km | 61 | 186,644 km/h | 4. Xullo | |
1956 | Peter Collins | Ferrari | 2:34:23,400 h | 8,302 km | 61 | 196,809 km/h | 1. Xullo | |
1958 | Mike Hawthorn | Ferrari | 2:03:21,300 h | 8,302 km | 50 | 201,905 km/h | 6. Xullo | |
1959 | Tony Brooks | Ferrari | 2:01:26,500 h | 8,302 km | 50 | 205,086 km/h | 5. Xullo | |
1960 | Jack Brabham | Cooper-Climax | 1:57:24,900 h | 8,302 km | 50 | 212,119 km/h | 3. Xullo | |
1961 | Giancarlo Baghetti | Ferrari | 2:14:17,500 h | 8,302 km | 52 | 192,880 km/h | 2. Xullo | |
1963 | Jim Clark | Lotus-Climax | 2:10:54,300 h | 8,302 km | 53 | 201,676 km/h | 30. Xunio | |
1966 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 1:48:31,300 h | 8,302 km | 48 | 220,322 km/h | 3. Xullo |
[editar] Enlaces externos
Modelo:Commonscat