Rankings FIBA de seleccións
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Rankings FIBA de seleccións son unhas clasificacións de seleccións nacionais feitas pola FIBA. Hai tres tipos de rankings, o masculino, o feminino e o combinado.
O seu uso principal é promocional, pero a FIBA resérvase o dereito para usalo con fins deportivos.
[ NOTA: Rankings actualizados a día 5 de setembro de 2006 ]
Índice |
[editar] Cálculo
Os rankings se calcúlanse a partir duns valores por posto en diferentes competicións internacionais, ponderados cun peso segundo a importancia da competición. Tómase un ciclo de oito anos, o tempo comprendido por dúas Olimpíadas. Cada vez que unha competición é disputada, os puntos logrados na mesma competición na súa anterior celebración réstanse, súmanse os da edición actual e o ranking recalcúlase.
[editar] Cálculo dos rankings feminino e masculino
Os rankings masculinos e femininos son calculados da mesma maneira.
Nesta táboa, os puntos recibidos por calificación final nun torneo internacional por selección.
Posto | Puntos |
---|---|
Ouro | 50 |
Prata | 40 |
Bronce | 30 |
4 | 15 |
5 | 14 |
6 | 13 |
7 | 12 |
8 | 11 |
9 | 10 |
10 | 9 |
11 | 8 |
12 | 7 |
13 | 6 |
14 | 5 |
15 | 4 |
16 | 3 |
17 | 2 |
18 en adiante | 1 |
Na seguinte táboa, as competicións internacionais tomadas en conta e o seu valor de ponderación.
Campionatos no ciclo | Campionato | Ponderación |
---|---|---|
2 | Mundiais | 5 |
2 | Xogos Olímpicos | 5 |
2 | Mundiais Sub-19 | 1 |
2 | Mundiais Sub-21 | 1 |
5 | Campionatos de África | 0.2 |
5 | Campionatos de América | 0.8 |
5 | Campionatos de Asia | 0.3 |
5 | Eurobaskets | 1 |
5 | Campionatos de Oceanía | 0.1 |
Un exemplo práctico podería ser o seguinte: A selección nacional do país A queda no terceiro lugar nuns Xogos Olímpicos gañando unha medalla de bronce.
Temos que o valor dun bronce no ranking FIBA son 30 puntos. A eses puntos, hai que aplicarlles os valores de ponderación previstos para cada competición. Como a competición disputada foron uns Xogos Olímpicos, a ponderación é de 5.
Polo tanto, a selección do país A conseguiría 30 x 5 = 150 puntos.
[editar] Cálculo do ranking combinado
O ranking combinado calcúlase da mesma maneira cós rankings masculino e feminino. A única diferencia e que se teñen en conta tódalas competicións disputadas, que serían, polo tanto, as expostas na seguinte táboa:
Campionatos no ciclo | Campionato | Ponderación |
---|---|---|
2 | Competicións masculinas nos Xogos Olímpicos | 5 |
2 | Competicións femininas nos Xogos Olímpicos | 5 |
2 | Mundiais Sub-19 | 1 |
2 | Mundiais femininos Sub-19 | 1 |
2 | Mundiais Sub-21 | 1 |
2 | Mundiais Sub-21 femininos | 1 |
5 | Campionatos de África | 0.2 |
5 | Campionatos de África femininos | 0.2 |
5 | Campionatos de América | 0.8 |
5 | Campionatos de América femininos | 0.8 |
5 | Campionatos de Asia | 0.3 |
5 | Campionatos de Asia femininos | 0.3 |
5 | Eurobaskets | 1 |
5 | Eurobaskets femininos | 1 |
5 | Campionatos de Oceanía | 0.1 |
5 | Campionatos de Oceanía femininos | 0.1 |
Os valores por posto dos rankings masculino e feminino son tamén aplicables ó ranking combinado. Polo tanto, o exemplo práctico exposto antes tamén serve no ranking combinado.
[editar] Ranking de seleccións masculinas
Ranking de seleccións masculinas (top 20) | ||
---|---|---|
Posto | Selección | Puntos |
1 | Estados Unidos | 832.2 |
2 | Arxentina | 720.0 |
3 | España | 619.0 |
4 | Serbia | 508.0 |
5 | Lituania | 460.0 |
6 | Grecia | 429.0 |
7 | Italia | 418.0 |
8 | Francia | 343.0 |
9 | Alemaña | 282.0 |
10 | Australia | 279.0 |
11 | China | 262.0 |
12 | Nova Celandia | 228.0 |
13 | Porto Rico | 217.6 |
14 | Angola | 206.0 |
15 | Canadá | 196.0 |
16 | Turquía | 194.0 |
17 | Brasil | 168.0 |
18 | Rusia | 162.0 |
19 | Croacia | 125.0 |
20 | Eslovenia | 121.0 |
[editar] Ranking de seleccións femininas
[editar] Ranking combinado
[editar] Ligazóns externas
- Os rankings na web oficial da FIBA (en inglés).
|
África: FIBA África | Asia: FIBA Asia América: FIBA Américas | Europa: FIBA Europa Oceanía: FIBA Oceanía |
|