Radiotelevisión do Principado de Asturias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Radiotelevisión do Principado de Asturias (RTPA) é un ente público de comunicación pertenecente ao Principado de Asturias e creado en 2005. Está formado polas sociedades Televisión do Principado de Asturias, SA e Radio do Principado de Asturias, SA. A televisión comezará as súas emisións regulares a mediados de 2006 para toda Asturias. Tamén ten pensado lanzar un periódico dixital. O seu director é Xosé Ramón Pérez Orni
Estructúrase en tres órganos:
-
- Consejo de Administración
- Consejo de Comunicación
- Dirección General
Ten as súas dependencias na Universidad Laboral de Xixón.
A TPA realizou a súa primeira emisión en probas o 20 de decembro de 2005 as 21 horas. O sábado 7 de xaneiro comezou as súas retransmisións deportivas co partido de fútbol entre o Real Sporting de Xixón e o Racing de Ferrol, aínda ca sinal cedida pola TVG. Ao día siguinte, desde o estadio Municipal de Miramar, prodúxese a primera emisión con produción propia, neste caso do partido que enfrentou ao Marino de Luanco e a Cultural de Durango. Durante os primeiros meses, tódolos fines de semana retransmitían partidos do Real Sporting de Xixón, Marino de Luanco e do Real Oviedo, normalmente os partidos locais. Todas estas producións están subcontratadas a produtoras privadas.
Xenerou unha gran crispación ó non emitir programas en asturiano. De feito, polo momento, tódoslos programas son en castelán e gran parte do plantel é de fora de Asturias. A baixa calidade dos seus programas e que a grella de prime time diaria sexa indentica durante tódoslos días aumentou esta crispación.
O 9 de xuño de 2006 comezou as súas emisións regulares que, de momento, cobren un horario reducido.