Racionalismo arquitectónico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O racionalismo arquitectónico é unha corrente xurdida en Europa trala I Guerra Mundial que defende o funcionalismo dos edificios, a ausencia de decoración, a ruptura cos valores históricos e a influencia da produción industrial.
Os seus precedentes máis inmediatos podémolos atopar en arquitectos como Adolf Loos e Otto Wagner entre outros.
En Alemaña o racionalismo está representado por Walter Gropius, fundador da Bauhaus e o seu colaborador Mies van der Rohe. Nos Países Baixos os integrantes do grupo De Stijl (O Estilo) defenden os eses postulados, apreciables en obras como a Casa Schröder (1924), obra de G.R. Rietveld. Independente de ambos grupos, o suízo Le Corbusier é outra das personalidades máis destacadas e influintes desta corrente que se estendeu por todo o mundo.