Río Sava
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Sava | |
---|---|
{{{lenda}}} |
|
Nacemento: | {{{nace}}} |
Altitude da fonte: | 1,222 msnm |
Lonxitude: | 940 qm |
Caudal medio: | 1,722 m³/s |
Conca: | {{{conca}}} |
País: | Eslovenia, Croacia, Bosnia - Hercegovina, Montenegro, Albania e Serbia |
Desemboca: | Danubio |
O Sava (en alemán: Save, en esloveno: Sava, en húngaro: Száva) é un río que pasa por Eslovenia, Croacia, Bosnia - Hercegovina e Serbia. É un afluente dereito do Danubio, confluíndo en Belgrado. Ten 940 km de longo. No tempo dos romanos era coñecido como Savus. Considérase o límite norte dos Balcáns.
O Sava ten dúas fontes principais, ambas as dúas na rexión alpina do noroeste de Eslovenia. A fonte do Sava Dolinka atópase en Zelenci, preto de Kranjska Gora. O Savica ("pequeno Sava"), que verte as súas augas no lago Bohinj saíndo despois como Sava Bohinjka, é a outra fonte. Os dous brazos do Sava xúntanse en Radovljica e o río toma o nome de Sava a partir deste punto.
Os seus afluentes máis importantes son desde o nacemento ata a desembocadura: o Ljubljanica, o Savinja, o Mirna, o Krka, o Sotla, o Kupa, o Lonja, o Orljava, o Bosut, o Una, o Vrbas, o Ukrina, o Bosna, o Tinja, o Lukovac, o Drina e o Kolubara.
O Sava pasa polas seguintes cidades: Kranj, Zagorje ob Savi, Trbovlje, Hrastnik, Radeče, Liubliana, Sevnica, Krško e Brežice en Eslovenia, Zagreb, Sisak, Slavonski Brod e Županja en Croacia, Bosanski Šamac e Brčko en Bosnia-Hercegovina e Sremska Mitrovica, Šabac e Belgrado en Serbia.